29 may 2008

El mejor juguete del mundo

Juego en mitad del desierto
con un pedazo de cuerda, 
con mi pelota de trapo,
con un puñado de arena.

En un rincón de la selva
dos latas son mis dos zancos,  
con ellos cruzo el arroyo
y juego a ser el más alto.

En un paisaje de escombros  
sé imaginar una casa,
a mis amigos del parque,
las palomas en la plaza.

En cualquier parte del mundo
puedo buscar un tesoro,
inventar mi propio cuento,
sin nada, tenerlo todo.

Poemamundi, de J. C. Martín Ramos

Es un poema del libro Poemamundi (2004), de Juan Carlos Martín Ramos, y que fue publicado por la editorial Anaya en su colección Otros Espacios. Las ilustraciones son de Philip Stanton. En el año 2003 ganó el Premio Lazarillo de literatura infantil. La obra está formada por un conjunto de poemas de métrica libre o tradicional, donde el autor reflexiona sobre el paso del tiempo, la memoria y los recuerdos. También intenta aproximarse a las relaciones de nuestra cultura con otras de todo el mundo.

27 may 2008

Libros de Contomundi

Desde o mes de febreiro deste ano, Contomundi está en marcha. É unha experiencia de animación lectora e, ao mesmo tempo, un plan sinxelo de iniciación á lectura. Pois os seus contos do mundo intentan crear pequenos lectores.

Hai moitos libros de contos. Pero Contomundi ten a súa propia selección. Este curso utilizamos, sobre todo, os seguintes:

Tamén usamos Internet, para procurar fotos e imaxes de lugares, de pobos, de edificios, de fauna, de flora, etc. Ademais, empregamos Google Earth para ver a Terra desde o espazo. Así, facemos visitas virtuais ao noso planeta e aos países de onde proceden os contos que escoitamos e lemos.

17 may 2008

Os días novos de Contomundi

Contomundi orixinouse co pretexto dos contos populares do mundo, para ser de feito unha experiencia de animación á lectura. As aulas do 1º ciclo do CEIP Isaac Díaz Pardo iniciamos en febreiro este proxecto. Daquela, aínda o inverno amosaba a súa forza pola ría do Burgo, no concello coruñés de Culleredo. Entón, as mestras e os mestres buscamos historias e recollimos os contos do mundo que precisabamos. E planificamos as fases da experiencia, e as características das diferentes sesións que levaríamos a cabo. Tratamos de analizar moitas posibilidades, como a posible participación dunha contacontos, que ademais era a nai dunha alumna do colexio. Durante aqueles primeiros días, falamos e mesmo creo que nos ilusionamos: Sindi González, Teresa Lagares, Xabier Iglesias.

Nalgunha desas xornadas, acordamos que as nenas e os nenos do 1º nivel viaxarían polo mundo escoitando e lendo, como mínimo, dous contos de cada continente. Empezaríamos en Europa, para despois seguir por América, Oceanía, Asia e, por último, África. Habería distintos contos, de animais e de encantamentos: A raposa e as sardiñas (Galicia, España), A bruxa do inverno (Arxentina), A osa formigueira e a tartaruga (Australia), As cancións de amor (Líbano).

En realidade, por todas esas historias, Contomundi parece ás veces un defensor romántico dun mundo a piques de se perder. Pois con elas descubrimos algunhas palabras moi fermosas, como amigos e compañeiros, que na vida diaria case sempre están en perigo de extinción...

Un pouquiño máis tarde, os nenos de 6º nivel tamén chegaron a Contomundi. E xa que eran xente maior, ensinaron aos pequenos de 1º como hai que facer para decorar mellor os marcapáxinas. Era polo Día do Libro e estabamos de festa cos nosos contos do mundo. E a súa mestra, Berta López, sabía de mundos imaxinarios e de soños.

10 may 2008

Presentación

Contomundi, como xa evidencia o seu propio nome, é unha viaxe polos mundos imaxinarios do conto, pero a través dos contos do mundo.

Contomundi naceu en varias ocasións. A primeira vez foi en Malpica de Bergantiños, no CEIP Milladoiro, con nenas e nenos de educación primaria. Pois apareceu, nun principio, como unha experiencia educativa relacionada coa lectura e os contos populares do mundo.

Así e todo, hai que dicir que o ano 2004 resultou ben importante para Contomundi. O día 23 de abril dese ano, Día Internacional do Libro, rematouse de imprimir unha obra pequena e sinxela: O conto na escola primaria. Foi publicada pola Consellería de Cultura na colección Andel, que edita ese organismo da Xunta de Galicia. Mediante ese libro, ao final Contomundi logrou sair das aulas.

No mes de febreiro deste ano, reapareceu de novo. Pero o colexio xa non era o mesmo. Agora trátase do CEIP Isaac Díaz Pardo, que está na zona da Ría do Burgo, en Culleredo. Os nenos e as nenas tamén son outros, ao igual que os mestres que participan no proxecto. Pero todos compartimos unha idéntica emoción polo mundo dos contos populares.

Related Posts with Thumbnails