30 dic 2009

Aprender coa tecnoloxía?

Como demostran moitas investigacións, os modelos de ensino e aprendizaxe baseados na tecnoloxía teñen o potencial de mellorar os resultados escolares. De feito, hai poucas dúbidas sobre a certeza desta afirmación.

Actualmente, está de moda ofrecer aos alumnos acceso continuo aos ordenadores e conexión a Internet. Ata algúns políticos fannos crer que se trata da nova panacea universal, que remediará todos os males das escolas. E os comerciantes de tecnoloxía, fregándose as mans, ofrécennos xa descontos e oportunidades para a compra masiva de materiais didácticos dixitais.

En opinión do profesor Chris Dede, no libro Aprendiendo con tecnología, presuponse que os docentes e os funcionarios que usan os novos medios son automaticamente máis eficaces que quen non os utilizan. Os ordenadores percíbense como unha tecnoloxía comparable ao lume da época prehistórica. Así, con só sentar preto deles, os alumnos sairán beneficiados, coma se o coñecemento e as destrezas fosen irradiados desde os monitores ás súas mentes.

Pero a experiencia e a memoria da aprendizaxe dinnos outras cousas. Aínda se conservan moitos documentos de formación que se desenvolveron para aquelas innovacións tecnolóxicas baseadas, por exemplo, na reprodución e/ou gravación de audio e de vídeo. Tamén foron un soño educativo, outra panacea universal no seu momento. O profesional que non os coñecía, era un anticuado na didáctica e na metodoloxía. Con todo, moitos deses aparellos, que case foron considerados unhas marabillas tecnolóxicas, terminaron servindo para soster libros no aula ou sinxelamente desapareceron. Do mesmo xeito que está ocorrendo agora cos ordenadores, aquela tecnoloxía precisou dun investimento económico considerable. Os recursos financeiros que se gastaron foron moi grandes, mentres moitas escolas tiñan graves problemas na infraestrutura máis básica.

Por esa razón, e seguindo de novo ao autor citado, creo que o uso da tecnoloxía educativa ten que ir da man doutras innovacións simultáneas en materia de pedagoxía, currículo, avaliación, organización e administración escolar. É dicir, resulta necesario que haxa unha reforma educativa sistemática baseada na aprendizaxe coa tecnoloxía. Doutro xeito, como nos di a experiencia pasada, o tempo e o esforzo investidos en implementar estes mecanismos talvez producirán escasas melloras nos resultados do ensino. E o peor de todo é que confirmarán, unha vez máis, o escepticismo de moitos docentes fronte á moda das novas máquinas.

Beware of technology

23 dic 2009

Historias que cambian o mundo (2)

Despois das reunións celebradas en Copenhague para tratar o cambio climático, un xa non sabe que dicir. O futuro que lle agarda ao noso planeta non está claro, e hai quen fala do noso primeiro fracaso global.

Como estamos no tempo de pedir desexos, este vídeo é unha oportunidade. Chegounos desde o Brasil da man de @isisnan, unha amiga do Twitter. É un traballo da ONG Emcantar, e no seu vídeo imaxinan os pensamentos dun neno en harmonía coa natureza. Sería un dos mellores desexos que poderiamos solicitar hoxe, tanto para os nenos do mundo como para a Terra enteira.

Feito Borboleta, Projeto Emcantar

Eu quero, quero
Um canto de paz
O canto da chuva
O canto do vento
A paz do índio

A paz do céu
A paz do arco-íris
A cara do Sol
O sorriso da Lua
Junto à natureza em comunhão

Eu tô voando feito um passarinho
Ziguezagueando feito borboleta
Tô me sentindo como um canarinho
Eu tô pensando em minha violeta

Êta, êta, êta, êta, êta
Êta, êta, êta, êta, êta

O som da cachoeira me levando
As águas desse rio me acalmando
O som da cachoeira me levando
As águas desse rio me acalmando

(Fernando Guimarães)

18 dic 2009

Imaxinar, aprender, xogar, vivir

Imaxinar unha escola que xurda entre as imaxes de libros insólitos. Adiviñar a maxia das palabras nos contos e nas historias do mundo. Abrir as portas da fantasía. Procurar unha literatura infantil e xuvenil que non se limite unicamente ao saber, senón que tamén desenvolva a imaxinación e a creatividade.

Aprender mediante a narrativa dixital. Unha maneira sinxela pero poderosa para axudar ao alumnado a comprender o mundo complexo das súas experiencias. Un método eficaz para a integración das tecnoloxías na educación primaria. A pesar de todo, saber que a ficción, o imaxinario, responde a unha necesidade moi profunda de cada neno: desexar o cambio na súa propia vida, ser mellor.

Xogar coas historias nas que o soño mestúrase coa vida real, ao igual que ocorre na imaxinación das persoas. De feito, Brancaneves non morreu, Alicia nunca estivo perdida, Harry Potter aínda vive. Facer xogar ao neno coa súa propia lingua. Explorar o mundo. Descubrir a festa da linguaxe que agora hai en Internet: os contos, a poesía, o debuxo, a música; todo iso está aquí, e aínda máis.

¡Imagina, aprende, juega, vive!

Vivir a propia identidade a través das historias que compartimos cando colaboramos cos demais. A vida dun neno é unha historia que el mesmo inventa a medida que progresa…

15 dic 2009

¡A contar historias!

El primer post que sirvió para empezar esta serie, obradoiro dixital o taller digital, presentaba una herramienta llamada PhotoPeach. Y como ya hiciera en su momento Educ@conTIC, hablamos de su sencillez de uso y de los buenos resultados que se conseguían en poco tiempo. Por desgracia, la empresa que desarrolla esta aplicación acaba de poner ciertas restricciones: limita a 30 el número de imágenes o fotos que se pueden subir libremente. A partir de esa cantidad el empleo de PhotoPeach deja de ser gratuito.

11 dic 2009

A señora do Castro Alegre

Conto popular | Galicia (España)

A un rapaz que andaba co gando no castro, saíulle un día unha moza que peiteaba os seus cabelos cun peite de ouro. Por iso, brillaban como o mesmo arco da vella.

-¡Ai, señora, se me dese ese peite con se peitea!, díxolle o rapaz.

-Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda, ata facerte rico como un sol, se fas o que eu che diga e non sentes medo, e non te acañas.

 

E díxolle ao rapaz que lle levase o día seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter man da cunca.

Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite, e o rapaz, sen medo, sen se acañar, tiña man da vasilla. Bebeu todo a cobra, e ao rematar converteuse na señora de cabelos dourados do outro día, e deulle moita riqueza…

[O debuxo móbil do arco da vella chegou de Benetton: Flipbook!]

Crea tu libro con Panraven

Panraven es un empresa que ofrece una serie de servicios online semejantes a Mixbook, de la que ya hablamos. Sirve para organizar fotos, vídeos, textos y otros contenidos en forma de libro, de historia, de cuento. Es una aplicación menos intuitiva y algo más lenta, pero con muchos recursos propios: fondos, fotos e imágenes, páginas que aceptan texto, vídeo, sonido… El texto, como en Mixbook, se puede cambiar de tamaño y de color. El libro digital que se crea puede ser leído en diversos tamaños, y también imprimirse como un libro tradicional. Hay que registrarse para acceder a sus servicios, y está en inglés, aunque su uso no presenta muchas dificultades.

Así que no hay motivos para dejar de probarla. Es una aplicación dirigida a usuarios principiantes, con una buena biblioteca de estilos y de recursos.

Como Storybird no publicó esta historia por no estar en inglés (!), la repetimos de nuevo con esta otra herramienta, Panraven. Así, nuestra lista de recursos para la narrativa digital, o digital storytelling, es cada vez mayor.

Hanuman es el héroe mono del Ramayana, uno de los libros épicos de la tradición hindú. En el post se presenta una de sus muchas hazañas, que fue recogida por el gran explorador inglés Richard Francis Burton.

8 dic 2009

As historias de Polgariño

Hai xa moito tempo, ao principio do curso 2008/09, empezamos a experimentar coa arte de inventar historias. Daquela, só había un ordenador na nosa clase de 2º, e a Aula de Informática non resultaba fácil de usar. Pero os contos populares aínda existen e por iso foron os nosos aliados. A pesar dos impedimentos, buscamos a interactividade por outros camiños. Así, coas familias creamos a nosa comunidade virtual, para que cada historia que se publicaba tivese os seus comentarios, ademais dos que recibía na clase. Esta experiencia recibiu un nome, O proxecto Polgariño. A xestión directa dos textos no ordenador, non foi dos nenos e nenas, pero si foi o noso primeiro paso na lectoescritura multimedia.

As historias que inventaron tiñan as fórmulas da marabilla (1), e xogaban coas palabras poderosas (2), e tamén utilizaban o binomio simbólico (3). Ademais, algunhas historias naceron a partir dun taboleiro fantástico… Canto disfrutou Ismaíl naqueles momentos!

(1) AS FÓRMULAS DA MARABILLA: El ladrón, el pez y la princesa; El dragón y el mago; El pozo de los cuentos; O poliño pequechiño; El perro y la perra; O dragón negro e a princesa; Ismaíl y el gorro. As fórmulas da marabilla

(2) AS PALABRAS PODEROSAS: O bosque, a perla e a lúa; A lebre; A lúa, o xabarín e a perla; O diamante, o anel e a rosa; A árbore, a raíña e o martelo; O anel secreto; O bastón máxico; A raíña e a árbore; O neno e a espada máxica; A perla e a serea; O anel secreto; O castelo encantado; As estrelas preciosas; O porco e o ovo de ouro; O unicornio e a bruxa malvada; Os ananos.

(3) O BINOMIO SIMBÓLICO: O dragón e os xoguetes máxicos; La estrella y el dragón; O supermercado e a perla; Ismaíl y su hermano; Un demo no avión; El ordenador que tenía una estrella; A rosa e o libro; Ismaíl y la estrella fugaz; Ismaíl y el bosque encantado; Ismaíl y el castillo; A bruxa xoguetona; Ismaíl y la estrella; La magnífica aventura; A perla e os cinco amigos; Ismaíl y el mundo paralelo; A illa misteriosa; A bruxa que quería aprender a ler; Ismaíl y el tesoro del ogro; Ismaíl y la princesa Fátima; O tesouro marabilloso; O príncipe e o anel; El mundo del ordenador.

(4) O TABOLEIRO FANTÁSTICO: Os dous namorados; A serea que viviu dous mundos; A serea e a estrela; A serea e a súa aventura; O can que non tiña amigos; A serea e o príncipe; A serea, a estrela e a balea; O monstro que se converteu en serea e ximnasta; O mozo e a serea; Las princesas y los campesinos; A princesa e o dragón; La princesa y el anillo mágico; El viaje; A princesa prometida; La princesa y el campesino; El príncipe y su viaje; La princesa y el príncipe; A princesa fermosa; A princesa con amor no seu corazón; Los padres más fántásticos.

3 dic 2009

Os contos do mundo (1)

Abrir un libro, díxose, é como abrir unha porta. Abrir os contos populares será, entón, abrir unha porta a un mundo á vez máxico e humano. Porque estes contos, que son unha historia do mundo, non desapareceron. Adáptanse e sobreviven. Nin a mesma factoría Disney, con todos os seus medios, conseguiu que se esquecesen. É certo que se aproveita deles, pero así tamén posúen unha audiencia inimaxinable para o narrador de contos de calquera época.

Contos de Portugal
Teófilo Braga
Cuentos anónimos
Ciudad Seva, de Luis López Nieves
Cuentos asiáticos
Casa Asia
Cuentos clásicos
Una mar de contes
Cuentos de China
Tonos, Revista electrónica
Cuentos de Nasrudín
Personarte, de Jorge Mendoza
Cuentos folclóricos rusos
Ciudad Seva, de Luis López Nieves
Cuentos judíos para disfrutar
Esteban Veghazi
Cuentos saharauis
Bahia M. H. Awah, Revista Ariadna

El Cuentacuentos
Érase una vez...
Kid's Zone
Seres mitológicos
Historias de debajo de la luna
Centro Virtual Cervantes
Leyendas del mundo
Enci Carballo
Los cuentos de los hermanos Grimm
Grimmstories.com
Contes d'arreu del món
Carme Martín, Francesc Ricart, Alfons Vila
Cuentos de mi Tía Panchita
Carmen Lyra
Diccionario de mitos y leyendas
Equipo NAyA
Kahani, cuentos del mundo
Animalec
Cuentos y leyendas del mundo
Mapahumano de Etnias, Pueblos y Culturas

Rapunzel

Os contos populares forman un conxunto lingüístico e cultural fascinante. Dicían algúns que estaban a piques de se perder. Realmente dicíano desde hai moito tempo, e en cambio aquí seguen, entre nós. Talvez porque como dixo o escritor e profesor Gabriel Janer Manila, o neno contempla no conto as estruturas da súa propia imaxinación. E tamén os adultos. Por iso, aquí están algunhas das mil e unha historias do mundo…

Actualización: Non me decatei de que tiña os contos galegos noutro sitio. E claro, a miña terra tamén está no mundo: Galicia mítica, o seu imaxinario popular.

Related Posts with Thumbnails