A eterna Scherezade d'As mil e unha noites, a imaxe da avoa mítica contadora de contos, tratou e cativou non só a un monarca que estaba psiquicamente enfermo. Atendeu tamén a todos os seus oíntes, máis tarde aos seus lectores, e agora, con outras funcións, deleita aos espectadores do cine e da televisión e aos usuarios de Internet. Porque incluso nas novas tecnoloxías Scherezade atopa ao seu novo público.
Por esa razón, o investigador e escritor Antonio R. Almodóvar afirmou con claridade que o conto popular constitúe, sen ningunha dúbida, o modelo máis perfecto inventado pola humanidade para conseguir un texto infinito, un texto que diga e que explique todo, en cada tempo e en calquera circunstancia.
Esta versión do relato Os tres porquiños, unha animación realizada por Andrei Sokolov (2002), é un bo exemplo das infinitas posibilidades que aínda nos ofrece o conto popular. O relato orixinal foi recollido polo escritor e recompilador inglés Joseph Jacobs (1854-1916).
No hay comentarios:
Publicar un comentario