7 ene. 2009

A porta dos contos

Abrir un libro de contos populares é como abrir unha porta a un mundo imaxinario. E cando esa porta se abre, ocorren cousas inesperadas.

Alguén fala coa Lúa ou pide un desexo a unha estrela fugaz. Talvez a esperanza perdida é recuperada nun bosque encantado. Ou se cadra un bico transforma en príncipe a unha ra verde. E aparece unha fada madriña que converte unha cabaza nunha incrible carroza. Tamén hai recordos e bágoas, e a inspiración dos mundos marabillosos érguese, vitoriosa, coma unha ave fénix. E renace das súas cinzas. Por iso, é necesario explorar a porta dos contos, que tamén é a porta dos soños. Debemos escoitar a súa canción, e bailar, e bailar coma un derviche. Así, para que a imaxinación apareza, hai que abrir esa porta...

En Duirwaigh Gallery fixeron a película A Knock at the Door, ademais de ofrecer unha web moi interesante sobre ilustración e seres máxicos. Aínda que basicamente non trata o mundo dos contos populares, creo que este vídeo serve moi ben a ese mundo. Está en inglés, pero a música é moi fermosa...

1 comentario:

Diario da Fafi dijo...

É verdade.
Abrir um livro é encontrar um mundo a parte.
estou retribuindo sua visita.
Apareça sempre...

carinhos

Related Posts with Thumbnails