Un heroe cultural de Ghana, en África, é Ananse, o home araña. Este conseguiu do deus do ceo Onyankopon os contos folclóricos e populares. Así que, grazas a Ananse, sabemos que un heroe cultural non só arranxa o mundo ou ensina oficios e habilidades. Algúns heroes tamén poden ser a orixe da arte e do lecer.
Ana da Bahía é unha herdeira dese deus mítico de África, pero levado ao Brasil na memoria dos escravos. Desde alí cóntanos a historia do lobishome, un ser fabuloso que aparece en moitos lugares do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario