14 jul 2009

O frautista dos irmáns Grimm

O frautista de Hamelín é un conto popular recollido polos irmáns Grimm, e que relata unha desgraciada historia que pasou na cidade alemá de Hameln. Existen diversas explicacións para xustificar o relato que conservaron. Eles contaron unha historia misteriosa: a dun frautista que conseguiu expulsar todas as ratas dunha cidade por medio da música da súa frauta. Pero como as autoridades negáronse a pagar o acordado, aquel home, de novo coa súa música, levou fóra da vila a todos os nenos e nenas. E nunca máis foron vistos por alí.

O escritor James Finn Garner publicou un libro titulado Cuentos políticamente correctos, no que reinventa a historia dese famoso frautista. Hamelín convértese nun pobo ordenado e cunha equilibrada diversidade etnorrelixiosa. E as ratas son un grupo de cidadáns irreformables, que ademais conducen motos todo terreo e que poñen nos xardíns adornos de plástico. Entón, as autoridades piden axuda e chega un individuo verticalmente privilexiado, que combinaba a roupa dunha maneira única. O caso é que, a cambio de cen moedas de ouro, este home expulsa aos cidadáns irrecuperables, asasinos de animais silvestres, e o pobo recupera a súa tranquilidade. Pero…

flautista_hamelin

Nani Humor, desde o Brasil, tamén actualizou a historia do frautista de Hamelín. E, como as cousas son diferentes, agora aparece polo medio o mundo de Internet.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails