A expresión tar heel (ou tarheel) utilízase cos habitantes do estado americano de Carolina do Norte (USA). Pero Tar Heel Reader é unha aplicación creada polo departamento de Computer Science da University of North Carolina, en colaboración co Center for Literacy and Disability Studies.
Serve para facer libros sinxelos baseados en textos e imaxes (de Flickr ou propias), e que están accesibles desde a súa web. Incluso poden ser lidos por unha voz robotizada de home, muller ou neno. Tamén poden ser descargados como presentacións de PowerPoint ou Impress, e ademais en formato flash.
É necesario rexistrarse para poder usar esta ferramenta, pero en educ@conTIC xa o fixeron, e aí descubrirás como entrar e moita máis información. A comezos deste mes, pasaron do medio millón de lecturas realizadas nos máis de 5.000 libros que acolle o sitio desta aplicación. Hainos en varios idiomas, entre eles o español. Pero, ¡non hai nin en galego nin en portugués!
Por último, destacamos a proposta educativa que fan desde o Colegio San José de Calasanz, en Valencia. Os seus alumnos de 2º de primaria elaboraron diversos libros, como este que se titula Duendes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario