Tikatok é unha aplicación que pretende que os nenos escriban, ilustren e publiqen os seus propios libros. Primeiro, na clase empezan a escribir e a ilustrar as súas historias. Despois, para a súa publicación, suben ao sitio do programa o seu traballo co editor de Tikatok. Porque non hai ningún software para descargar ou instalar.
Para lograr unha mellor eficacia, en primaria é necesaria a intervención do profesorado. Por iso, hai un rexistro persoal obrigatorio e outro opcional para a clase, se queremos que o alumnado participe no proceso de edición e publicación.
O funcionamento é sinxelo. Escríbese unha historia, escanéase e súbense as imaxes. E para rematar cada libro, pódense engadir algúns detalles persoais, como por exemplo unha portada personalizada. Ademais, a aplicación permite que as obras feitas polos nenos sexan compartidas con todo o mundo, a través da súa biblioteca online. Incluso, cun pequeno custo económico, permite a descarga do libro nun arquivo PDF para realizar unha impresión de calidade.
Realmente, Tikatok presenta un montón de posibilidades, con moita información de axuda. Merece unha especial atención para descubrir todo o que ofrece. A súa guía de lectura para o profesorado está en inglés, ao igual que todo o sitio web, pero seguro que é un bo camiño para coñecer esta aplicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario