18 abr 2011

Os contos do mundo (2)

Internet tamén chegou ao mundo do conto, como é evidente. Neste sentido, se a súa aparición revolucionou moitos aspectos da nosa vida cotiá, podemos formularnos algunhas preguntas. Por exemplo, existen contos diferenciados para nenos e nenas na Rede?, estanse a producir cambios no uso da imaxinación e a fantasía?, como é a linguaxe que se utiliza?, etc.

Non é posible ser moi exhaustivo nun post, pero hai que deixar constancia da influencia de Internet neses temas. Aínda que tamén é impensable reflectir a cantidade de páxinas dedicadas ao conto, porque é inmensa. Así que empezaremos por ordenar e clasificar, dalgunha forma, aquelas que xa foron citadas aquí.

En Contomundi, despois da última revisión, ademais dos contos populares máis familiares, aparecen algúns contos populares de España e das súas distintas comunidades, as adaptacións modernas e os contos popularizados, e, por suposto, os contos populares doutras terras e doutras culturas. Recóllense mesmo mitos e lendas. É dicir, que non se rexeita ningún relato do imaxinario popular; posto que, dende sempre, esta literatura tradicional reflectiu as crenzas humanas, as súas preocupacións e a súa imaxinación.

Esta relación de contos, nunha imaxinaria volta ao mundo, nace de toda esa amálgama de narracións universais e intemporais. Creo que ao final resultou bastante sinxelo; en ningún caso houbo que forzar demasiado a integración. Tanto uns coma outros están constituídos por palabras semellantes e pola materia dos mesmos sonos.

Esta é unha primeira aproximación á clasificación dos nosos contos, aos contos do mundo. Sobreviviron, chegaron ata nós, merecen esta atención.

CONTOS POPULARES FAMILIARES: Os contos universais máis coñecidos, que foron recuperados por Charles Perrault ou polos hermanos Grimm, e tamén contos provenientes doutras tradicións ou da recente influencia audiovisual.

CONTOS POPULARES DE ESPAÑA: Como decía Carmen Bravo-Villasante, en toda España florece o conto popular alegrando as nosas distintas, e á vez comúns, paisaxes.

ADAPTACIÓNS MODERNAS E CONTOS POPULARIZADOS: Forman unha das chaves que abren as portas da literatura de autor. E unha boa parte deles xa están no imaxinario infantil.

CONTOS POPULARES DOUTRAS TERRAS: A Terra é unha, e os relatos das súas xentes son tamén únicos. Din que podemos coñecernos a través das nosas historias, polo que paga a pena comprobalo.

MITOS E LENDAS: Por exemplo, do mundo antigo de Grecia e Roma, que tanto influíron na cultura occidental e na formación do noso imaxinario. Pero tamén nos interesan os mitos e as lendas doutros lugares, doutras xeografías.

1 comentario:

Alejandro Costa dijo...

Eres admirable Mario,un post magnifico. Ahora si que fuimos nosotros, los que nos quedamos boquiabiertos y sin palabras. Que alegría se va llevar mi cerdito hucha, ya puede cicatrizar sus heridas. Cuantos cuentos donde escoger, de todo tipo y países. Gracias por poner este post, lleno de cuentos maravillosos.

Saludos

Related Posts with Thumbnails