Foi no ano 1812 cando os irmáns Grimm publicaron o primeiro volume de Contos para a infancia e o fogar. Por ese motivo, celébrase este ano o segundo centenario da súa edición, polo menos nos lugares onde eses contos deixaron a súa pegada.
En Contomundi, os contos populares nunca foron abandonados polos contidos máis tecnolóxicos. Pois se aquí se trata, sobre todo, dos contos populares, da educación e da cultua, e dos procesos de aprendizaxe mediante o uso das TIC (tecnoloxías da información). E as historias tamén forman parte dese mundo. E áchanse, mesmo, en ferramentas tan actuais como o iPad.
A contribución dos irmáns Grimm ao imaxinario popular e aos contos tradicionais é innegable. Na orixe das historias sempre estará a memoria do seu nome. Por iso, gústanos recoñecernos, mentres descubrimos de novo a Jacob e Wilhelm Grimm, nalgunhas entradas anteriores. Porque aquí temos xa falado, por exemplo, da Cincenta, da Carapuchiña e tamén de Polgariño…
No hay comentarios:
Publicar un comentario