29 nov 2012

A besta no labirinto

Ariadna, a filla do rei Minos e a raíña Pasifae, era a princesa do labirinto. Cando o heroe Teseo desembarcou na illa de Creta, Ariadna namorouse del. Entón pediulle ao artesán Dédalo, que deseñara o labirinto no que se achaba confinado o Minotauro, que lle axudase a guiar a Teseo polo labirinto. Dédalo entregoulle unha bobina de fío, advertíndolle que a atase á porta do labirinto, que a desenrolase camiño ao centro, e logo a rebobinase para volver sobre os seus pasos.

Teseo entrou e seguiu ao Minotauro ata a súa gorida, no corazón do labirinto. Pelexaron e Teseo asasinou a besta. Logo seguiu o fío, que Ariadna lle entregara, para encontrar a saída…

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails