Desde o mes de febreiro deste ano, Contomundi está en marcha. É unha experiencia de animación lectora e, ao mesmo tempo, un plan sinxelo de iniciación á lectura. Pois os seus contos do mundo intentan crear pequenos lectores.
Hai moitos libros de contos. Pero Contomundi ten a súa propia selección. Este curso utilizamos, sobre todo, os seguintes:
- BAXTER, Nicola (2002): La vuelta al mundo en 80 cuentos, Barcelona, Elfos.
- DURÁN, Teresa (2002): Quincemundos, Barcelona, Graó.
- GAVIN, Jamila (1999): Nuestros cuentos favoritos del mundo entero, Barcelona, Blume.
- HARGUINDEY, H. e BARRIO, M. (1994): Antoloxía do conto popular galego, Vigo, Galaxia.
- JANÉ, A. e outros (2002): La vuelta la mundo en ochenta cuentos, Barcelona, Edebé.
- RODARI, Gianni (2006): Biblioteca de los cuentos, Barcelona, Edebé.
- SIERRA I FABRA, Jordi (2001): Historias de medio mundo, México, Fondo de Cultura Económica.
Tamén usamos Internet, para procurar fotos e imaxes de lugares, de pobos, de edificios, de fauna, de flora, etc. Ademais, empregamos Google Earth para ver a Terra desde o espazo. Así, facemos visitas virtuais ao noso planeta e aos países de onde proceden os contos que escoitamos e lemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario