8 jun 2008

As exposicións de Contomundi

Cando a mediados de febreiro empezamos esta aventura chamada Contomundi, enviamos unha nota informativa ás familias. Entre outras cousas, e despois de comentar que sería unha experiencia de animación á lectoescritura, diciamos tamén o seguinte:

"... primeiro viaxaremos desde Galicia e España ata Irlanda. E así coñeceremos o noso continente: a vella Europa. Despois chegaremos a América, que como sabedes é moi grande. Desde alí cruzaremos o océano Pacífico para saber de Oceanía e das súas illas de coral. A seguinte parada será en Asia, un continente cheo de culturas moi antigas. Ao final, creo que entraremos en África polo sur, para regresar a casa despois de descubrir os misterios dese continente.

Nas aulas, escoitaremos contos do noso mundo, e despois leremos esas historias tamén na casa... En cada continente, cos relatos que xa temos preparados, pediremos aos nenos e nenas que aporten obxectos deses lugares, sempre que sexa posible: ... fotos, postais, libros, recordos de viaxe, moedas e selos, adornos doutros países, etc."

 A reacción das familias resultou sorprendente, pola súa emotividade e gran colaboración. E na escola, aos poucos días, descubrimos diferentes roupas e vestidos, libros escritos na lingua chinesa, xogos populares e tradicionais, gorros e pulseiras, instrumentos musicais, un pano de seda coa imaxe de Buda, fotos e obxectos de artesanía, animais de algodón e de madeira, traballos dos propios nenos e nenas... Incluso recollimos un marabilloso atrapa-soños xigante, do pobo sioux das pradeiras do norte de América. E tamén recibimos o cranio e o peteiro dun pelícano, atopado hai anos nun lago de África.

Cada exposición alimentou a imaxinación dos nenos e das nenas. Creo que Contomundi foi unha verdadeira viaxe, aínda que por desgraza sempre estivemos no lugar de Carcabelos, na parroquia de Almeiras, preto do Burgo, no concello coruñés de Culleredo...

4 comentarios:

Masa dijo...

Moitas felicidade polo blog.
No noso todavía acabamos de empezar, pero esperamos poder seguir melloradoo.
¡¡ESPERO QUE SIGAMOS EN CONTACTO!!
SAÚDOS!!
M.M.

Anónimo dijo...

He visitado tu blog y me encanta. Los enlaces que tienes me vienen de maravilla para mi trabajo con los peques, ya sabes que los cuentos son su debilidad y esperan todos los días muy ilusionados a que llegue "la hora del cuento"
Te visitaré a menudo y muchas felicidades por tan magnifico blog.
¡¡Enhorabuena!!
Un saludo

Mario Aller dijo...

Montse, tu blog Cole de la Fantasía está en mis favoritos, y me parece muy bueno. También te felicito, y seguro que estarás en mis Blogs encantados.
Un saludo...

Mario Aller dijo...

Dous ollos de cores, Harry Potter é unha gran historia que seguro que aprecia lectoras tan animosas coma vós...
Un saúdo.

Related Posts with Thumbnails