28 dic 2008

Arredor do mundo

Algunhas cancións son coma pequenas historias que marcan unha parte da nosa vida. Talvez Stand By Me sexa o título dunha desas cancións, que interpretou Ben E. King a partir de 1961. Está considerada unha das 100 mellores cancións de todo o século XX, segundo BMI News.

Un grupo de músicos populares, de cores e terras moi diversas, cantárona para este vídeo en diferentes lugares. Porque é certo que hai outros mundos, pero están aquí, entre nós. Por iso, e agora que remata este ano 2008, que sexa unha canción de paz arredor do mundo noso...

Para todos os que estades aí fóra. Esta canción é para vós. Grazas.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails