20 ene. 2009

Imagine

Andaba pola Wikipedia na busca de información sobre esta famosa canción, e atopei unhas referencias que me sorprenderon. Sobre todo, algúns comentarios coma os de Elvis Costello e o mesmo John Lennon, o seu autor. Agora é unha especie de símbolo do pacifismo, e ao parecer tamén era esa a súa inspiración. A pesar de que Lennon comentou que a canción era antirelixiosa, antinacionalista, anticonvencional, anticapitalista, pero que resultaba aceptada pola súa dozura.

O álbum onde aparece Imagine, e que ten igual nome, foi editado en 1971. E como as vellas historias, renace nestes días de xaneiro, cando se achega o Día da Paz. Nesa busca da que falaba, tamén encontrei outra sorpresa: a fermosa voz de Eva Cassidy, que contou e cantou esta canción. Creo que foi publicada no ano 2002, xa despois da súa morte...

Related Posts with Thumbnails