A primeira aventura do reporteiro Tintín, escrita e debuxada por Georges Remi (Hergé), apareceu en xaneiro de 1929 na revista Le Petit Vingtième. Oitenta anos despois, con máis de 200 millóns de álbumes vendidos, converteuse no cómic máis popular da historia. Esa popularidade seguro que se acrecentará nos próximos anos, debido ás películas que están a preparar os directores de cine Steven Spielberg e Peter Jackson.
Agora é un bo momento para lembrar ou coñecer máis cousas de Tintin e o seu inseparable can Milú:
- Tintin.com, o sitio oficial.
- Para descubrir Tintín, de Nicolas Sabourin.
- Las aventuras de Tintín, da editorial Juventud.
- Intertintin, o Tintin en el mundo.
- Tintinofilia, a web dos adictos a Tintín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario