Fun convidado pola profesora e contadora de historias Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, para participar na corrente creativa dos oito desexos. No seu momento, a amiga Fátima foi convidada polo escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… Entendedes como é o asunto, non?
-
A primeira tarefa e escribir oito desexos, mellor se tamén xogamos coa fantasía. Os meus son:
1) Descubrir un bosque máxico para perderme nel. 2) Escribir un libro como El gigante de la historia. 3) Facer do sorriso a asignatura máis importante. 4) Posuír unha máquina do tempo para desfacer o que desfixen. 5) Ter unha alfombra máxica para viaxar ata as areas do deserto. 6) Saber tocar mellor a guitarra. 7) Facer unha biblioteca, a carón dunha praia, con libros ben marabillosos. 8) Ser un contador de historias.
A segunda tarefa é convidar a oito blogs para que soñen un pouquiño, se é posible. Eu invito aos seguintes:
- O Recanto de Mik
- A Nosa Biblioteca
- Bitácora de Aníbal de la Torre
- Clube do Conto
- Recursos TIC CEIP A Ponte
- Trafegando ronseis
- Biblioteca.Milladoiro.Malpica
- Biblioteca CEIP Dulcinea del Toboso
As outras tarefas son as mesmas de calquera meme que se precie:
- Comentar no blog de quen nos convidou.
- Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria".
- Mencionar as regras.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
4 comentarios:
Adorei saber que nossos desejos são semelhantes.
Abraços
Moitas gracias! Agora mesmo me poño á tarefa.
Unha aperta
Buaaaa, que pasada! Moitísimas grazas, é un honor. Soñaremos para logo escribir.
Un beixo de fábula
Acepto encantada tu invitación y encantada de volverte a conocer.Me parece muy interesante tu blog.Te espero en el mundo de los deseos.
Un saludo de Isabel.
Publicar un comentario