28 jul 2009

Contomundi 2.0

Desde o principio, este blog tratou de relacionar o mundo do conto popular e as novas tecnoloxías. De igual maneira que se interesaba polos relatos populares do mundo, prestaba atención aos novos formatos de presentación que facilitan as TIC: contos audiovisuais, aventuras gráficas, ferramentas educativas da web 2.0, webquest baseadas no imaxinario, etc.

No momento actual, o blog está a punto de comezar unha nova experiencia. Forma parte dun proxecto máis amplo, ao que lle foi concedido o tempo necesario para o seu desenvolvemento. O título desta entrada fai referencia a ese novo traballo, pois tamén é o seu título, e analizará a utilidade dos contos no mundo das TIC. E talvez, para se adaptar mellor a esta nova realidade, o blog cambiará o seu nome por estoutro: Contomundi 2.0; aínda que a día de hoxe non está decidido.

A xente que se move nas novas tecnoloxías entende perfectamente a palabra colaboración. Sen ela, resultaría case imposible descubrir moitos dos tesouros que hai en internet. E algúns deses tesouros participan activamente nos cambios que se están a producir na educación, como as redes sociais, por exemplo. O vídeo que hai a continuación é unha boa mostra de todo isto…

(vía El caparazón, versión light)

2 comentarios:

Francisco Cenamor dijo...

Desde luego Mario tu labor es impagable. El próximo miércoles 5 de agosto, para que nuestros lectores y lectoras disfruten de tan valioso recurso, haremos un breve comentario en el Blog literario Asamblea de palabras.
Un saludo.

Mario Aller dijo...

Gracias por esas palabras, que sirven de ánimo y es algo que se agradece. Pero digo lo mismo de tu blog, y aún más por la cantidad de buena información que ofreces.
Un saludo, y ya sabes donde estamos...

Related Posts with Thumbnails