14 ago 2009

Storytelling

Coñecín esta palabra inglesa cunha obra de Sara Cone Bryant, El arte de contar cuentos. No seu momento, ese libro foi toda unha sorpresa para min e a súa lectura acompañoume durante moito tempo. Converteuse nunha especie de guía para entrar no mundo imaxinario dos contos. E algúns traballos que realicei, naceron sen dúbida a partir das súas páxinas. Por iso creo que a narración de contos (storytelling) é unha verdadeira arte: a arte de contar historias.

O escritor Christian Salmon vén de publicar un libro cun estraño título, onde afirma que a política actual utiliza as técnicas do storytelling. Trataremos este asunto noutra ocasión, pero no seguinte vídeo o actor Cliff Curtis explica con moita claridade o significado da narración que aquí apoiamos. Así é como queremos entender a expresión storytelling. Antes de escoitar as súas palabras, podes elixir o idioma para os subtítulos.

Estes últimos días o blog cambiou un pouco o seu nome, e tamén a súa estrutura. Pois ademais de disfrutar cos contos populares, sempre buscou ideas no seu mundo para artellar historias novas. O curso pasado foi o principio, e o noso desexo é continuar. Pero como estamos na web 2.0, pretendemos dar un paso adiante e innovador, máis alá do software de escritura para nenos. Agora queremos que poidan usar ferramentas para inventar e escribir online, publicar os seus traballos en internet, e, incluso, crear historias dixitais a partir de fotografías, de vídeos e doutros soportes. E realizar toda esa aprendizaxe lingüística e tecnolóxica desde a educación primaria.

¿Seremos capaces? Ninguén o sabe, pero hai que intentalo…

2 comentarios:

Teresa Pombo Pereira dijo...

Claro que serás capaz e eu estarei aqui para aplaudir!

Um óptimo dia para ti e um bom fim de semana também!

mais logo virei ler com mais atenção ainda todo este bonito mundo teu

Mario Aller dijo...

Só a marabillosa Teresa pode falar así. Como o seu blog ten moito encanto, aquí estará nun sitio encantado...
Saúdos para ti e a túa xente

Related Posts with Thumbnails