15 sept. 2009

Os segredos da Web

Cada un de nós ten un complicado sistema de historias e rituais que son diferentes aos dos outros. A partir desta evidencia, os proxectos de Jonathan Harris profundizan no sentido emocional de Internet, no caso de que exista algo semellante a iso. Algúns dos proxectos que desenvolve son mostrados neste vídeo: We Feel Fine e Universe. No primeiro, trata de explorar as emocións humanas que deixan as actividades que realizamos na Web. E no segundo, intenta actualizar a nosa mitoloxía do ceo baseándose nas persoas, lugares e conceptos actuais. 

Resulta curioso e orixinal o uso que fai da tecnoloxía. Ademais das dúas ideas citadas antes, tamén levou a cabo: un ecosistema de entrevistas en vídeo, unha instalación interactiva de citas en liña, un mosaico fotográfico con imaxes polaroid, un experimento de narración de contos cunha familia de esquimós, unha exploración interactiva do desexo humano, etc. A pesar da novidade das súas presentacións, talvez non deberiamos sorprendernos tanto, pois xa o explicou Jean-Paul Sartre:

“Isto é o que engana á xente: un home é sempre un contador de contos, vive rodeado polos seus contos e os contos de outros, ve todo o que lle pasa a través deles e intenta vivir a súa propia como se estivese contando un conto.”

2 comentarios:

Julita Fernández (Profesora) dijo...

Mario, bienvenido a nuestro blog de aula.
Estaré encantada de compartir ideas educativas para poner en práctica con nuestros alumn@s.
Saludos

Heladería dijo...

Buen blog, buen contenido.

Related Posts with Thumbnails