12 oct 2009

A importancia dos contos

[Os relatos do mundo]
[Digital storytelling: contar na escola]

Hai tempo, noutro lugar, alguén definiu ao ser humano como un animal sen plumas que conta contos. E unha industria actual, a fábrica de soños que é o cine, utiliza moitos motivos que lle son propios e lle pertencen: o enfrontamento entre o heroe e o monstro, as figuras e imaxes arquetípicas (a doncela, o bosque), as loitas de iniciación, etc. Por iso, non está de máis que lembremos o que outros dixeron sobre a importancia dos contos e os seus mundos imaxinarios. Así…

De Howard Gardner, psicólogo e profesor: “Necesitamos unha educación que estea profundamente enraizada en dúas consideracións aparentemente contrarias pero, no fondo, complementarias: o que se sabe da condición humana nos seus aspectos intemporais, e o que se sabe das presións, os retos e as oportunidades do panorama contemporáneo (e vindeiro)”.

De Italo Calvino, escritor: “Os contos conteñen De Ilustrarteunha explicación xeral do mundo, onde caben todo o mal e todo o ben, e onde se atopa sempre a senda para romper cos máis terribles feitizos”.

De Mircea Eliade, filósofo: “O conto recolle e prolonga a iniciación ao nivel do imaxinario. Se constitúe unha diversión ou unha evasión, é unicamente para a conciencia banalizada e, especialmente, para a conciencia do home moderno; na psique profunda, os escenarios iniciáticos conservan a súa importancia e continúan transmitindo a súa mensaxe, operando mutacións”.

De Antonio Rodríguez Almodóvar, profesor, escritor e investigador: “O conto popular constitúe, sen ningunha dúbida, o modelo máis perfecto inventado pola humanidade para conseguir un texto infinito, un texto que diga e explique todo, en cada tempo e en calquera circunstancia”.

De Howard Gardner, outra vez: “[…] se queremos que os estudantes cheguen a aprender, dominar e aplicar algo con criterio, debemos procurar envolver ese algo nun contexto que faga intervir as emocións. E á inversa: o máis seguro é que as experiencias desprovistas dun impacto emocional terán pouco atractivo e esqueceranse pronto, sen deixar nin unha simple representación mental”.

De Gianni Rodari, escritor e pedagogo: “[…] o imperfecto, fillo lexítimo do érase unha vez que dá o sinal de saída aos contos, é un presente especial, un tempo inventado, un verbo para xogar”.

Os contos populares, no seu conxunto, son un bo xeito de De Ilustrarte aproximarse ás raíces culturais do mundo. Son historias que deixan pequenas mensaxes no ambiente, que abren a nosa mirada aos outros mundos que hai neste, que nos ofrecen a memoria doutras xentes e outros pobos.

Para os nenos e as nenas deste tempo, o século XXI, o conto continúa sendo un instrumento emocional e máxico nos seus anos de escola. É un recurso claramente socializador, que dispón dunha chave especial para abrir a porta da lectura, e incluso da convivencia e da tolerancia. Pero aínda ten outras capacidades. Tamén é capaz de activar a aprendizaxe da lingua escrita, agora mediante o xogo coa nova narrativa dixital.

En definitiva, e como pensa Jason Ohler, é difícil saber que clase de tecnoloxías agárdannos no futuro. A pesar de todo, seguro que descubriremos a maneira de seguir contando historias coa súa axuda…

3 comentarios:

Fátima Campilho dijo...

Mario, parabéns pelo post.
E fiquei aqui a pensar: onde estará meu livro "Mito e Realidade" do Mircea Eliade, lido nos tempos da faculdade de letras? Com certeza, não foi para você que emprestei! Rssss
Abraços

Mario Aller dijo...

Palabras que se agradecen, Fátima, pois as boas palabras perduran, como demostra o traballo de Mircea Eliade. Por certo, o libro que revisei é "Aspectos del mito"; así que é certo, eu non teño o de Fátima... :-)
Abraços

Anónimo dijo...

Il semble que vous soyez un expert dans ce domaine, vos remarques sont tres interessantes, merci.

- Daniel

Related Posts with Thumbnails