23 sept. 2009

Os relatos do mundo

A partir dunha época, que algúns chamaron a infancia da humanidade, o conto empezou a transformarse en algo moi semellante a un arquivo de datos e de testemuñas. Era como un ADN cultural. Unha información inconsciente e hereditaria para se adaptar a un mundo que en todo momento resultaba impredicible. Naceu desta forma o primeiro escenario da linguaxe: a palabra oral e emigrante, que se difundía pola superficie da Terra axudada polo desprazamento das comunidades humanas primitivas.

Con razón pódese denominar a esa época remota como a galaxia Scherezade. Trátase da heroína dunha famosa colección de relatos orientais que salvou a súa vida narrando ducias de contos a un malvado sultán.

Esta primeira galaxia da linguaxe, o seu escenario oral, representou o nacemento do conto popular e dunha gran parte do imaxinario do folclore. Por medio da palabra falada, aquela Scherezade e os seus ascendentes, e tamén todos os narradores que viñeron despois, inventaron a Carapuchiña a vermella e ao pequeno Polgariño. Contaron a historia dunha princesa que durmiu un longo sono de máis de cen anos, e falaron dun cabalo chamado Buligán, das aventuras de Brancaflor, e incluso dunha estraña gaita que facía que todos bailasen coa súa música…

Ilustrador: Jesús Escudero Cuadrado

Así, o escritor Roland Barthes, nun famoso artigo titulado Introdución ao análise estrutural dos relatos, puido escribir o seguinte:

“Baixo as súas case infinitas formas, o relato está presente en todas as épocas, en todos os lugares, en todas as sociedades; o relato empeza coa historia mesma da humanidade; non hai, nunca houbo un pobo sen relato […] Todas as clases, todos os grupos humanos teñen os seus relatos, e moi a miúdo eses relatos disfrútanos en común homes de culturas diferentes, incluso opostas: o relato rise da boa e da mala literatura: internacional, transhistórico, transcultural, o relato está aí como a vida”.

4 comentarios:

teresapombo dijo...

Excelente! Mário. Lembrava-me de ter lido algumas coisas de Barthes durante a faculdade mas já foi há imensos anos. Obrigada por relembrares a referência.

Mario Aller dijo...

Descubrín esa cita nun libro que lin este verán e que che recomendo: Storytelling (la máquina de fabricar historias y formatear las mentes), de Christian Salmon. Non sei se xa estará en portugués...

escudero79 dijo...

¿Podría citar al autor de la ilustración ? muchas gracias!

Mario Aller dijo...

Por supuesto, pero ya aparece al pasar el ratón por encima de la imagen. El ilustrador, y además muy bueno, es Jesús Escudero Cuadrado. El enlace también se refería a él, pero ha sido cambiado por los reponsables del sitio, creo...
Saludos y gracias

Related Posts with Thumbnails