23 dic. 2009

Historias que cambian o mundo (2)

Despois das reunións celebradas en Copenhague para tratar o cambio climático, un xa non sabe que dicir. O futuro que lle agarda ao noso planeta non está claro, e hai quen fala do noso primeiro fracaso global.

Como estamos no tempo de pedir desexos, este vídeo é unha oportunidade. Chegounos desde o Brasil da man de @isisnan, unha amiga do Twitter. É un traballo da ONG Emcantar, e no seu vídeo imaxinan os pensamentos dun neno en harmonía coa natureza. Sería un dos mellores desexos que poderiamos solicitar hoxe, tanto para os nenos do mundo como para a Terra enteira.

Feito Borboleta, Projeto Emcantar

Eu quero, quero
Um canto de paz
O canto da chuva
O canto do vento
A paz do índio

A paz do céu
A paz do arco-íris
A cara do Sol
O sorriso da Lua
Junto à natureza em comunhão

Eu tô voando feito um passarinho
Ziguezagueando feito borboleta
Tô me sentindo como um canarinho
Eu tô pensando em minha violeta

Êta, êta, êta, êta, êta
Êta, êta, êta, êta, êta

O som da cachoeira me levando
As águas desse rio me acalmando
O som da cachoeira me levando
As águas desse rio me acalmando

(Fernando Guimarães)

Related Posts with Thumbnails