Abrir un libro, díxose, é como abrir unha porta. Abrir os contos populares será, entón, abrir unha porta a un mundo á vez máxico e humano. Porque estes contos, que son unha historia do mundo, non desapareceron. Adáptanse e sobreviven. Nin a mesma factoría Disney, con todos os seus medios, conseguiu que se esquecesen. É certo que se aproveita deles, pero así tamén posúen unha audiencia inimaxinable para o narrador de contos de calquera época.
Contos de Portugal | El Cuentacuentos |
Os contos populares forman un conxunto lingüístico e cultural fascinante. Dicían algúns que estaban a piques de se perder. Realmente dicíano desde hai moito tempo, e en cambio aquí seguen, entre nós. Talvez porque como dixo o escritor e profesor Gabriel Janer Manila, o neno contempla no conto as estruturas da súa propia imaxinación. E tamén os adultos. Por iso, aquí están algunhas das mil e unha historias do mundo…
Actualización: Non me decatei de que tiña os contos galegos noutro sitio. E claro, a miña terra tamén está no mundo: Galicia mítica, o seu imaxinario popular.
7 comentarios:
Aunque no lo he olvidado, tu comentario hizo que recordase a Lily en El canto de las ballenas. Respetando el copyright, por supuesto, haremos algo con esa gran historia...
Saludos
Xenial Mario, unha gran fonte de recursos. Mil grazas por compartila
Coñezo aunhas colegas que lle vai vir de marabilla ;)
bicosss
Belén, benvida por aquí... O referido a Galicia está noutro sitio:
http://sites.google.com/site/contomundi/galicia_mitica
Saúdos
Mario conoces el blog de mi amigo Javier? http://elmaestrocuentacuentos.blogspot.com/
Hola, Antonio, conocía el wiki. El blog nos lo mostró en Educ@conTIC, y no sabía nada de él. Ahora ya está controlado... :-)
Saludos
ui por aquí levaba moito tempo aínda que agachadiña ji ji ji
Si o de Galica xa o vira ;)
Graciñas por compartir todo este traballo
bicoss
Los Cuentos de mi tía Panchita, así como otras hermosas obras de Carmen Lyra pueden comprarse desde cualquier parte del mundo en www.editlegado.com
¡Saludos!
Publicar un comentario