26/6/2010

Momotaro, en StoryJumper

StoryJumper é unha ferramenta que está en inglés, como os demais recursos dous punto cero que vimos no post anterior. Pero igualmente podemos crear con facilidade unha historia, unha vez que nos rexistremos. Por certo, o rexistro que require este sitio é moi sinxelo. Así que en poucos minutos se pode empezar a utilizar, e entrar así no digital storytelling ou narrativa dixital.

Algunas das súas principais características:

  • En sete pasos guiados permite que calquera historia pase a un formato de tipo flash, achegando tanto as imaxes (props) coma algunhas sinxelas ferramentas de texto. Por tanto, permite a elaboración de libros dixitais.
  • Pero, ademais, permite subir outras imaxes dende o ordenador, e mesmo as retocar, co que se amplía o número de posibilidades de creación.
  • Ten unha faceta orientada ao mundo educativo e ao profesorado, xa que se pode rexistrar a aula, e por iso dispón dunha guía online (en inglés, claro) para favorecer a creatividade infantil. De todos os xeitos, presenta un inconveniente a ter en conta: non permite incrustar os nosos libros dixitais nun blog ou nunha páxina web. Pódense enviar por correo electrónico ou colocar algún enlace para que o poidan ler outros usuarios.

A pesar diso, tamén ten outra característica moi interesante: algunhas obras son públicas, de libre uso. Polo tanto, podemos modificalas segundo as nosas necesidades e gardalas coma se se tratase dun libro totalmente novo. Así fixen cun relato en lingua inglesa baseado nun conto popular do Xapón, Momotaro, que revisei e adaptei a partir desta versión. Agora podes coñecelo, se queres.

Momotaro

Cando en Educa con TIC tratamos as posibilidades da narrativa dixital, a nosa compañeira Olga Catasús enviounos unha historia elaborada con esta aplicación para a súa aula de educación infantil. Titúlase El pingüino fugado, e aproveitamos a ocasión para presentala en Contomundi.

4 comentarios:

LolaBari dijo...

Hola Mario! Esta herramienta de Story Jumper me parece genial. ¿Qué te parece si en algún momento armamos una biblioteca con esta herramienta con los cuentos creados por nuestros alumnos? Sería lindo realizar alguna actividad entre nosotros y los chicos, un verdadero trabajo colaborativo... ¿Te parece? Pensalo.
Y como siempre, tus post son una revelación.
Gracias, tu amiga patagónica.

Mario Aller dijo...

No tengo nada que pensar, ya está hecho... Eso sí, estudiaremos la mejor manera para que todo resulte fácil, pero surgirá alguna colaboración.
Saludos

LolaBari dijo...

100% de acuerdo con ud., a estudiar la mejor manera de llevar esto adelante.
Saludos.

Antón Seijas Vieites dijo...

Hola Mario y a todos los profesores de esta página que por cierto me encanta, hay un montón de cuentos de todos los sitios, me encanta.

Related Posts with Thumbnails