Todos sabemos para que serven os espellos. Por iso ninguén agarda que se poñan a falar con nós, ou que mostren os desexos ocultos do noso corazón, como din que facía o Espello de Oxesed.
Así e todo, no primeiro libro de Harry Potter aparecía un espello parlante, que ademais era capaz de reflexar os desexos de quen miraba. A partir desta característica, organizamos en clase e no blog de aula unha actividade sinxela, pero nun proxecto que aínda está inacabado.
En resumo, este post trata dos soños e dos desexos que contaron un grupo de nenos e nenas. Do que escribiron e debuxaron unha vez. Estas foron as súas palabras…
No hay comentarios:
Publicar un comentario