14 ago. 2010

Manifesto para un cambio educativo

Fernando Santamaría recolleu no seu blog un manifesto que apareceu pola web fai poucas semanas. Grazas ao seu traballo, que sempre é moi interesante, podes coñecer mellor ese documento para a aprendizaxe no século XXI, pois ese é o seu nome. As ideas xerais desta proposta para un cambio educativo son as seguintes:

  1. Cultivar a creatividade: pór máis énfase nas habilidades que axudarán aos mozos para progresar e prosperar no século XXI, como o pensamento crítico, a resolución de problemas, a aprendizaxe colaborativa, a adaptabilidade, a iniciativa, a capacidade para acceder e analizar a información, a curiosidade e a imaxinación.
  2. Fomentar a aprendizaxe flexible: organizar a aprendizaxe ao redor de proxectos e estudos a curto prazo. Involucrarse no traballo baseado en proxectos do mundo real, impulsado pola investigación, relevante e rigorosa.
  3. Confiar nos estudantes: fomentar a aprendizaxe en grupo e permitir que os estudantes ensinen uns aos outros. Ofrecer máis alternativas sobre como mostrar o coñecemento e as competencias, probas de aptitude, habilidade, así como da memoria, e incluír os créditos obtidos a través da actividades extra-curriculares.
  4. Fin do ciclo da avaliación de todo-nunha vez: introducir un sistema de avaliación continua e flexible que permita que avaliar o traballo a medida que se vai realizando. Fomentar a auto-avaliación, a avaliación compartida por pares e a avaliación baseada en portfolios.
  5. Adoptar a diversidade. Vivimos nunha sociedade diversa e multicultural. As nosas escolas deberían reflectir este feito nun currículo que teña en conta coñecementos previos, opinións e habilidades diversas.
  6. Promover o respecto mutuo: desenvolver unha cultura de respecto mutuo e aprendizaxe entre o profesor e o estudante. Non é unha tesitura dun contra trinta.
  7. Investir e construír sobre espazos de aprendizaxe físicos: adoptar todo o potencial dos medios de comunicación social, tecnoloxías de xogos, ámbitos virtuais de aprendizaxe e outras plataformas de aprendizaxe alternativas.
  8. Repensar o papel dos profesores: permitir que os profesores actúen como guías en lugar de xuíces dos resultados, facendo que lles sexa máis fácil variar os seus enfoques de acordo ás circunstancias, o tema e as preferencias dos aprendices.
  9. Proba de futuro [Future Prof.]: a tecnoloxía e a cultura están cambiando a un ritmo rápido. Por tanto, necesitamos desenvolver un currículo responsable que permita a profesores e escolas responder con rapidez ao novo coñecemento, a cultura viva e as tecnoloxías emerxentes.
  10. Aula global: vivimos nunha sociedade globalizada. A nosa contorna de aprendizaxe debería reflectir esta situación. Para navegar nun mundo do século XXI necesitamos ser cultos nunha sociedade multicultural, saturada de medios de comunicación e altamente tecnolóxica. Agora podemos facer isto mediante proxectos colaborativos significativos con estudantes de calquera parte do mundo.

Stephen Downes é un dos que tamén mencionaron esta iniciativa. Así descubrín a existencia doutro manifesto dos profesores italianos “para que a escola funcione”. Porque en todas partes o mundo educativo busca solucións para os seus problemas. É unha evidencia que os ensinantes empezan a mobilizarse, tamén nos novos medios, e a formular ideas diversas pero ao mesmo tempo complementarias. Ao parecer, Internet e as redes sociais están a transformar o mundo nunha aula grande, moi grande…

4 comentarios:

Conchita dijo...

Si conseguimos el punto 6, es posible lograr todo lo demás, ¿no crees?
Saludos.

Mario Aller dijo...

Realmente es una lista de ideas ya conocidas, al menos en parte. Pero como todavía no han conseguido afianzarse en la escuela, es necesario recordarlas y repetirlas. Tal vez así alcancen su objetivo, que no es otro que mejorar la educación, y de paso la sociedad. Creo que por eso si hizo este manifiesto, para decir que aún creemos en nuestro oficio...

Saludos, Conchita, y gracias por tu comentario.

Montse dijo...

Gràcies.
Molts dels meus pensaments... visualitzats.
Viatjant cap a Lleida. Un dia d'aquests arribarà.

Mario Aller dijo...

Hay palabras que merecen siempre un lugar en el pensamiento. No porque así vayan a realizarse, pero al menos de esa manera no se perderán en el olvido. Y como los maestros y profesores sabemos mucho de palabras y frases repetidas, quién mejor que nosotros para escribirlas y volver a pensar en ellas...
Saludos

Related Posts with Thumbnails