3 nov 2010

O Camiño de Santiago

Desde principios deste ano, repican de modo especial, outra vez, as campás da catedral de Santiago de Compostela. Non só anuncian o ano xubilar; o seu son recórdanos a importancia desta ruta na construción de Europa, na formación da cultura europea. Por iso, pouco importa se na tumba áchase ou non o apóstolo, ou se é o enterramento de Prisciliano.

En calquera caso, este post escribiuse desde unha segura mesa de traballo, ao abrigo de tormentas, de calores e de ventos. As únicas dificultades, por dicilo dalgún xeito, foron debidas á conexión a Internet, sempre mellorable como ben sabe Telefónica. Pero escribir sobre o Camiño de Santiago tamén ten os seus problemas. Aínda que, por sorte, nada comparable ao que sentiron os viaxeiros doutras épocas.

En principio, deberiamos ter en conta que non hai un único camiño, senón que son varios. Ademais do camiño francés, o máis importante, hai outros camiños singulares que chaman a nosa atención, e que foron incluídos en diversos materiais. Xa que logo, sinalemos algúns nunha relación:

  • Información sobre los Caminos de Santiago: entre outros, o francés, o aragonés, o vasco, o portugués, o do Norte, a Vía da Prata.
  • El Camino de Santiago: interesante información sobre algunhas das principais rutas, proporcionada polo Instituto de Tecnologías Educativas (ITE), do Ministerio de Educación. Tamén o Centro Virtual Cervantes elaborou un boa guía das etapas do camiño francés, “seguindo a división que ofrece o Codex Calixtinus, o manuscrito que contén o testemuño escrito máis fiel da vida do peregrino medieval”.
  • El Camino de Santiago como aula: unha recompilación de materiais elaborados para os diferentes niveis da comunidade educativa de Castela e León, por onde pasa o Camiño. Contén unidades didácticas, actividades diversas, debuxos, diarios de aula, aplicacións, etc. Neste sentido, Los Caminos a Santiago por Castela e León é outro sitio moi interesante, que nos permite coñecer os detalles das distintas rutas dunha forma interactiva. El Camino de Santiago en Castilla y León é outra aplicación online que trata estes mesmos contidos, e que está destinada ao alumnado de primaria, de secundaria e de bacharelato.
  • Caminos de Santiago: forma parte da web educativa que mantén desde fai anos o concello da Coruña. É moi interesante, e contén moitas noticias, historias e curiosidades sobre a ruta xacobea. No apartado Actividades para el aula atopamos varias webquest para diferentes niveis educativos, lendas sobre o Camiño de Santiago e algúns xogos online.

1 comentario:

Silvia - Community Manager de Turgalicia dijo...

Si os interesa hacer el Camino de Santiago existe una oferta llamada Bono Jacobus, un paquete turístico que permite recorrer las distintas vías (Camino Francés, Portugés, Inglés, etc.) alojándose cada día en una casa de turismo rural. Esta opción incluye el alojamiento, las cenas, los desayunos y los traslados en coche desde los establecimientos rurales hasta el inicio y final de cada etapa.

Para más información:
Telf: 902 200 432
E-mail: cir.turgalicia@xunta.es

Silvia
Community Manager de Turgalicia

Related Posts with Thumbnails