No capítulo XL, da Vida Nova, Dante Alighieri contou que ao recorrer as rúas de Florencia viu uns peregrinos que chegaban desde outro lugar. E pensou con algún asombro que ningún deles sabía nada de Beatriz Portinari, que tanto preocupaba o seu pensamento.
En certa ocasión, Alfred Malherbe ao parecer non estaba moi seguro de que houbese outra vida. Así que cando lle falaban do inferno ou do paraíso, dicía: “Vivín como todos, quero morrer como todos, quero ir onde vaian todos”.
É sabido que moita xente está en Twitter e que as súas vidas ocupan unha pantalla, ás veces incluso máis. Alí coñecín este vídeo e ao seu director. Pero todo foi debido a @SilviaGongo, que tanto disfrutou con el, e que quixo compartir o seu mundo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario