Unha historia debe posuír uns elementos sinxelos que sirvan para definir as súas características principais. Se combinamos certas ideas de Borges, o escritor arxentino, cos denominados elementos dunha historia, obtemos outra visión narrativa:
Por que? | Ao principio, hai sempre unha desgraza inicial. |
Quen? | O protagonista, o heroe ou heroína, comeza unha viaxe. |
Onde? | No seu camiño encontra ambientes negativos ou empobrecedores. |
Cando? | Case ao final, o heroe consegue unha experiencia marabillosa… |
Que? | … que, dalgunha maneira, anula a súa personalidade. |
Como? | Esa anulación persoal orixina un cambio de vida, un novo destino. |
Agora mesmo, nun pequeno lugar de Europa, contan que houbo un gobernante que bateu contra unha crise desgraciada. E, de súpeto, sen que os seus cidadáns se decatasen, iniciou unha viaxe ata o lado máis contrario dos seus pensamentos. Aquel sitio era escuro, moi negro, e talvez por iso tivo unha visión tan sorprendente que o transformou. Cambiou, é certo, pero non dixo nada. Mais cando se decidiu e falou, ninguén o recoñeceu pois as súas palabras resultaban distintas. Entón, acordou que…
No hay comentarios:
Publicar un comentario