18 jul. 2011

Un día na Terra

No mes de outubro do ano pasado, en calquera lugar do mundo, e durante as 24 horas dun día, moita xente rexistrou coas súas cámaras de vídeo as imaxes e as voces da Terra. Todas esas historias gravadas foron a resposta á convocatoria de One Day On Earth.

One Day on Earth - Original Trailer from One Day On Earth on Vimeo.

Agora, despois de case un ano de preparación, anúnciase a película, que quere explorar e mostrar a diversidade humana. Porque como explican os autores, ao final, a pesar dos desafíos sen precedentes e as traxedias, debemos recordar que mentres esteamos vivos hai unha esperanza. E tamén unha opción para ver xuntos un futuro mellor.

Certamente hai historias que cambian o mundo

Related Posts with Thumbnails