Susan Weinschenk, psicóloga e experta en usos da tecnoloxía, é a autora do libro que leo agora. Titúlase, na súa versión en español, Haz clic aquí (Neuro Web Design). Nun dos seus capítulos asegura que as historias involucran a moitas partes do cerebro. Por esa razón, cando estamos lendo ou escoitando unha historia, hai moitas das súas zonas que están activas:
- A parte auditiva que descifra os sons, se a historia é falada.
- A visión e o procesamiento de textos, se a historia é lida.
- Todas as partes visuais do cerebro, mentres imaxinamos, por exemplo, as personaxes dunha historia.
- E, a miúdo, a parte emocional do cerebro, que resulta tan importante na educación.
Como contamos noutro lugar, o máis probable é que as experiencias educativas desprovistas de impacto emocional teñan un atractivo mínimo, e por iso serán esquecidas con rapidez. Palabras do profesor Howard Gardner, o recente Premio Príncipe de Asturias. Nese sentido, creo que a elaboración na escola de relatos dixitais (digital storytelling) é capaz de activar eses mesmos procesos de aprendizaxe…
Queres saber máis? Preme aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario