No blog do Prrofesor Potâchov de Moldavia, que é un dos grandes profesores, atopei este vídeo de Fran Iglesias sobre o digital storytelling. Trátase dun traballo moi interesante, que, como continuación do post anterior, serve para explicar a importancia das historias no tempo das novas tecnoloxías.
Con este vídeo Fran Iglesias demostra, unha vez máis, que unha historia ben contada transmite grandes cantidades de información en relativamente poucas palabras, e nun formato que é fácil de asimilar por calquera receptor ou espectador…
No hay comentarios:
Publicar un comentario