3 de dic. de 2011

Ismaíl o diminuto (2ª parte)

Ver Ismaíl o diminuto (1ª parte)

Debido a que eran criaturas máxicas, ás veces empregaban uns estraños coñecementos. Só eles dominaban eses saberes e tiñan esa capacidade tan valiosa. Pero este episodio provocou enfados e tamén malentendidos. Moitos humanos sempre reclamaron unha parte da sabedoría dos seres diminutos para resolver algúns dos seus problemas.

En todo caso, e máis alá das montañas e das vellas árbores, por fóra da aldea xurdían as areas negras dun gran deserto. Era o Deserto Escuro, no que escintilaban as estrelas máis brillantes do universo, baixo un infinito ceo azul.

Cando resultaba necesario, unha néboa cegadora e transparente cubría a vivenda de Ismaíl. E tamén envolvía todas as demais casiñas do lugar. Desa maneira tan e tan especial, resultaban invisibles para calquera visitante inesperado.

Se deixamos a un lado este curioso detalle, as relacións entre os seres diminutos e os humanos eran boas. De feito, todos apreciaban a invisibilidade da xente diminuta. E aseguraban que era unha vantaxe, posto que evitaba a aparición de moitos conflitos.

No caso de que algunha situación ameazase a convivencia entre os seres máxicos e o pobo dos humanos, Ismaíl e os amigos da súa aldea agochábanse con rapidez. Pero sen perder en ningún momento o seu bo humor e a súa alegría.

Talvez por ese motivo a súa amizade tiña creado un entendemento case fantástico. Por iso, os homes e as mulleres, a pesar dos seus celos, confiaron no mundo encantado de Ismaíl.

Esta crenza durou centos de anos!

Ao mellor xa vós decatastes. Ismaíl non aparentaba unha estatura demasiado grande. Máis ben ao contrario, aproximadamente medía uns vinte e sete centímetros.

É dicir, medía algo máis dun palmo da man de calquera humano adulto.

Ademais, na súa cara miudiña e redonda había unha longa barba branca, moi común entre os seres da súa especie. Pois a maioría cumpría moitísimos anos.

Desde os primeiros días da súa presenza entre nós, houbo quen afirmou con certa sorna que debía ser un trasno sen apenas importancia. E algúns creron que se trataba dunha criatura máxica moi semellante a un ananiño saltareiro.

Pero outros, sobre todo os que despois coñecémolo mellor, sempre pensamos que Ismaíl o diminuto era un vello gnomo.

Un gnomo que viñera de moi lonxe…

flores

Se trata de una historia antigua, que surgió en las tierras de Malpica de Bergantiños, frente al mar. Mis alumnos, algunas veces, me cuentan más aventuras de Ismaíl, que ellos descubren mediante procedimientos misteriosos. Pero el tiempo ya empieza a ser un problema. ¿Quién se acordará de su tío Nasrudín y de su amiga Arundhati? ¿Qué hacer para hablar de la farera de Fisterra? ¿Cómo saber si la bruja Petra Malaúva sigue al acecho?

2 comentarios:

Alejandro Costa dijo...

¡Ola Mario! Grazas por poñer a 2ª parte de Ismaíl,cumpliches co prometido a Ismaíl.É unha historia fantástica. Sabes?, deverías facer un libro e recopilar toda a vida de Ismaíl, xunto coas aventuras que contan os nenos sobre Ismaíl. Non podemos permitir que ese devorador de historias, que é o tempo, acabe cos recordos que temos de Ismaíl.Por iso debemos de imprimilas en papel para que permanezan aí, aínda despois de que a nosa memoria,nos empece a gastar malas pasadas. Por iso eu creo que os libros son unha boa maneira, aparte de contar historias , pois tamén de conservalas. ¿Non crees?

Saúdos

Mario Aller dijo...

Álex sempre aportando ideas... E agora dúas, para que nunca falten. Xa sabes o que penso, que Ismaíl merece que as súas historias vexan a luz, como os seus descubridores, entre eles ti. Así que loitaremos contra o tempo, se é posible. Saúdos :-)

Related Posts with Thumbnails