Estes son os nosos: contos do mundo, contos dos Irmáns Grimm, contos de Perrault, contos populares, mitos, fabulas, lendas universais, contos de Galicia, contos marabillosos e de encantamento, relatos audiovisuais interactivos, wikis e libros dixitais, webquest de contos... E tamén aplicacións online, da chamada Web 2.0, para o desenvolvemento da lectoescritura, para a narrativa dixital ou digital storytelling, para aprender coas novas tecnoloxías.
- Contos populares, lendas e mitos: As historias do imaxinario colectivo loitan contra unha sombra moderna. Aquela que racionaliza todo e a todos, incluso os soños e os sentimentos...
- A volta ao mundo en 80 contos: Sempre, desde os tempos remotos, contáronse historias. Algunhas delas convertéronse en narracións populares que chegaron ata os nosos días, como os contos que apareceron nunha experiencia de Educa con TIC. E agora, grazas ao gran traballo de Teresa Pombo, faremos que tamén estean en Google Earth.
Ver La vuelta al mundo en 80 cuentos en un mapa más grande
- O imaxinario popular de Galicia
- Audiolibros e videocontos
- Wikis e outras utilidades
- Webquest de contos
- Para escribir e contar historias: Escribir é unha maneira de construír soños, dixo unha vez a escritora francesa Marguerite Duras. Entón, se utilizamos agora algunhas das ferramentas da Web 2.0 poderemos escribir os nosos soños dixitais, no caso de que iso sexa posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario