Para Tolkien, o caldeiro das historias non era máis que un proceso de cambios e transformacións dos contos marabillosos. Mediante ese proceso, os contos de encantamentos, ao longo dos anos, modificáronse nunha especie de caldeiro eterno con novos engadidos e aportacións, pero tamén con novas maneiras de relatar.
Xa dixemos, nun post anterior, como Albert Uderzo e René Goscinny tamén contaron as historias dun caldeiro antigo, que estivo nunha pequena aldea da Bretaña gala. E máis recentemente, o escritor Patrick Rotfuss referiu outra vez nunha das súas obras os poderes do caldeiro. Incluso o mesmo Eric S. Raymond, unha das figuras do Movemento do Open Source, ou software libre, titulou un dos seus libros co nome de O caldeiro máxico, ou The Magic Cauldron. É impresionante que alguén coma el utilice esta imaxe mítica para defender o uso dos programas libres.
Así que se debe contar que o caldeiro da bruxa Ceridwen tivo sempre novos usuarios, a pesar dos séculos e do paso do tempo. Talvez aínda non exista unha teoría dos caldeiros, como cheguei a insinuar, pero hai evidencias de que as historias resisten e volven a nacer con forza cada día.
Nani Lima e máis eu posuímos un caldeiro actualizado, que xa se inventou moitas historias de aventuras, como ben sabe Javier Monteagudo. Probou tamén a súa utilidade no mundo dixital, e os resultados foron positivos. Só queda por dicir que a música da presentación é de Balbarda, o grupo do amigo Javier.
Preme aquí ou na imaxe para entrar no caldeiro das historias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario