A Polonia que o periodista e escritor Ryszard Kapuściński describiu no seu libro O Imperio xa non existe. A súa cultura xudea case foi exterminada durante a última guerra mundial por uns orcos arios. Pero aínda que esta historia teña a súa orixe nese país, ilustra con humor unha certa maneira de pensar e de actuar.
Un campesiño polaco e un xudeu ían xuntos a un mercado. Viron unha chea de excrementos e o xudeu díxolle ao seu acompañante:
-Dareiche 20 zlotys se comes toda esa bosta.
O campesiño quedou pensativo. Imaxinaba todo o que podería facer con ese diñeiro mentres se preguntaba polas intencións ocultas do xudeu, que tiña fama de pícaro. Ao final aceptou e, mal que ben, tragouse a bosta enteira. Entón, o xudeu entregoulle os 20 zlotys prometidos e os dous homes seguiron o seu camiño.
Con todo, o xudeu reflexionou e díxose que só conseguira perder o seu diñeiro e que o campesiño non sufrira gran cousa ao engulir aquel bosteiro.
Máis adiante, descubriron unha segunda chea de excrementos. O xudeu parouse e díxolle ao polaco:
-Se me como esa bosta, devolverasme os 20 zlotys?
-Vale, de acordo -dixo o campesiño tras pensalo brevemente.
O xudeu púxose ao choio e, a duras penas, gruñendo e afogándose, tragouse toda a bosta. Logo dun intre, volveron ao camiño e andiveron un bo treito. Unha media hora máis tarde, o campesiño preguntoulle:
-Posto que vós, os xudeus, sodes tan intelixentes, podes dicirme por que comemos toda esa merda?
Descoñécese a resposta do xudeu…
No hay comentarios:
Publicar un comentario