24 sept. 2012

Os contos son mapas do mundo

Os contos son mapas do mundo que facilitan as nosas viaxes ao redor dos libros e as historias. E resulta sabido que aquel que le, ao mesmo tempo que amplía o seu coñecemento, multiplica as súas horas.

No mundo dos contos populares o realmente importante é a viaxe mesma, a viaxe literaria na oralidade ou na lectura. Por iso, na escola serven para ampliar a vida, a nosa vida.

Unha posible tipoloxía dos contos como guías de viaxe sería a seguinte:

  • A viaxe marabillosa, asombrosa, extraordinaria ou prodixiosa.
  • A viaxe da vida, a travesía épica.
  • A viaxe de descubrimento, de exploración.
  • A viaxe redentora ou de salvación.
  • A viaxe alegórica e simbólica.
  • A viaxe de formación ou de peregrinación; tamén excepcional ou exótica.

2 comentarios:

Dolores A. dijo...

Mario, que fermoso título para esta magnífica entrada. Estou totalmente de acordo coa túa opinión. Nas miñas clases os contos sempre están presentes. Para traballar a interculturalidade, as emocións, os valores... !para aprender a vivir!. !Felicidades polo teu incrible traballo!

Mario Aller dijo...

Grazas, Dolores, porque xa sabes que nun blog os comentarios, ás veces, teñen un efecto revitalizador, positivo... O teu é deses, por suposto. :-)
Saúdos

Related Posts with Thumbnails