Tras o primeiro abecedario fantástico, chegou o momento de presentar o segundo. A xustificación é a mesma: a oferta de actividades interactivas é moi grande, o que converte a Rede nunha especie de xigantesco repositorio. Hai aplicacións para xogar, para debuxar e pintar, para explorar imaxes e retocar fotos, para ver mapas e explorar o espazo, para facer audio guías e, por suposto, para contar historias.
Compfight: A primeira das dúas ferramentas de busca de imaxes que presentamos neste post. Todas se basean o repositorio de fotos de Flickr, pero Compfight, entre outras opcións, permite buscar imaxes libres. Funciona de xeito moi rápido e cunha grande aparencia visual.
Google Maps:Esta fantástica aplicación ten un montón de boas posibilidades educativas, ademais do seu uso máis habitual para localizacións xeográficas. Entre outras opcións, nunha actividade de Educa con TIC xa demostramos que a súa combinación cos contos e o relato dixital é posible: La vuelta al mundo en 80 cuentos.
Neave Planetarium:Trátase dun atractivo planetario online, para estar ao tanto desa profecía maia que anda por aí. Agora xa máis en serio; o desenvolvedor do proxecto, Paul Neave, tamén nos ofrece outra boa aplicación: Flash Earth. Pero ten outras igualmente interesantes en Neave interactivo, unha zona dixital con ferramentas, xogos e aplicacións.
Psykopaint: É unha aplicación para pintar moi orixinal. Se se examina su increíble galería de pinturas, un decátase das súas grandes posibilidades. Hai varias opcións para pintar: unha foto propia, unha mostra do sitio ou sobre o cabalete, á vella usanza. Despois, elíxense os pinceis e as cores máis axeitadas e empézase a obra. Ao final, podemos gardar o proxecto, compartilo en liña, exportar as imaxes ou crear unha tarxeta.
Speechable: Un xeito sinxelo de engadir textos ás imaxes, en forma de globos ou bocadillos, encóntrase neste sitio. As fotos poden subirse dende un ordenador ou dunha URL, e pódense compartir en redes, blogs ou a través do correo electrónico.
Storybird: Unha das súas características principais reside na calidade das imaxes que ofrece. Pero ata non hai moito gardaba unha desagradable sorpresa. Se non estaba en inglés, a obra tiña un uso privado e non se podía incrustar en ningún sitio. Por fin, Conchita López, de Blogmaníacos, achou a solución: indicar no teu rexistro que es un docente.
StoryJumper: Aseméllase á ferramenta anterior, aínda que sen poñer tanta atención á calidade das imaxes. Por iso, serve moi ben para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, e tamén para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Ten outras moitas opcións e calidades que permiten a calquera crear e publicar un libro, tanto en liña coma en tapa dura (neste caso, logo de pagamento).
Tag Galaxy: Encántame esta ferramenta. Trátase dun buscador que relaciona as palabras ou etiquetas marcadoras (tags), e que pode axudarnos a encontrar moitos recursos gráficos. Ademais, tamén podemos explorar as fotografías que existen en Flickr. O seu funcionamento non ten ningún misterio: introduces unha expresión, o título dun libro, e ves aparecer unha especie galaxia de palabras en forma de esferas de cores, arredor do termo que escribises.
Woices: Esta aplicación permite que se realicen audio guías xeolocalizadas mediante o emprego de Google Maps, outra ferramenta que se citou antes. Pódese explorar e utilizar libremente os seus recursos, ou podemos gravar nosa propia audio guía. Diversos exemplos do seu uso educativo móstranos iaenus, e dunha das súas aulas son Los 12 trabajos de Hércules, unha historia mítica que paga a pena recordar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario