Un día recibín un aviso de Antonio Omatos. Dicía que estaba a preparar uns materiais sobre a creatividade e que, como citaba algúns dos meus traballos, quería coñecer a miña opinión. Foi fácil responderlle, por suposto, e animeino, aínda que creo que non o precisaba. Os seus materiais eran moi bos, como despois puido comprobar nas redes sociais.
É unha sorte poder compartir algúns dos teus soños con xente como Antonio ou Ginés Ciudad-Real, e por iso teñen o meu agradecemento. Así que aproveitando as súas palabras e certas modificacións na estrutura do blog, que se poden ver ao inicio da sidebar, hoxe clasifico e fago máis visibles algúns dos posts que se dedicaron á creatividade e á lingua. Pero sempre desde a imaxinación, porque creo nas aulas como pequenas fábricas de historias…
No hay comentarios:
Publicar un comentario