10 may 2008

Presentación

Contomundi, como xa evidencia o seu propio nome, é unha viaxe polos mundos imaxinarios do conto, pero a través dos contos do mundo.

Contomundi naceu en varias ocasións. A primeira vez foi en Malpica de Bergantiños, no CEIP Milladoiro, con nenas e nenos de educación primaria. Pois apareceu, nun principio, como unha experiencia educativa relacionada coa lectura e os contos populares do mundo.

Así e todo, hai que dicir que o ano 2004 resultou ben importante para Contomundi. O día 23 de abril dese ano, Día Internacional do Libro, rematouse de imprimir unha obra pequena e sinxela: O conto na escola primaria. Foi publicada pola Consellería de Cultura na colección Andel, que edita ese organismo da Xunta de Galicia. Mediante ese libro, ao final Contomundi logrou sair das aulas.

No mes de febreiro deste ano, reapareceu de novo. Pero o colexio xa non era o mesmo. Agora trátase do CEIP Isaac Díaz Pardo, que está na zona da Ría do Burgo, en Culleredo. Os nenos e as nenas tamén son outros, ao igual que os mestres que participan no proxecto. Pero todos compartimos unha idéntica emoción polo mundo dos contos populares.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Este comentario é unha proba...

Unknown dijo...

Me encanta tu blog. Es por demás interesante. Soy docente... profesora de Matemáticas pero con una pasión inmensa por la literatura especialmente por la infantil.. Los cuentos. Te tendré en mis favoritos y ojalá podamos compartir experiencias.

Mario Aller dijo...

Hola, Rynès, tus palabras son bonitas y por eso también estás en mis favoritos. Para compartir. Un saludo...

Anónimo dijo...

Non coñecía este blogue, e o proxecto que tendes en marcha paréceme moi atractivo. O mundo dos contos e os contos do mundo: fantástico!! Un xeito fermoso de animar á lectura. Parabéns!!
Grazas por enlazarnos. Contomundi tamén está nas nosas ligazóns.
Unha aperta,
MIK

Mario Aller dijo...

Grazas a ti, Mik, pola túa resposta tan rápida e xenerosa.
Un saúdo...

Related Posts with Thumbnails