O conto popular distínguese da lenda, que trata de acontecementos considerados verídicos noutro tempo, e que lembra feitos dun pasado máis ou menos recente. Pero tamén se diferencia do mito, que está protagonizado por personaxes pertencentes a unha época antiga moi anterior, e que trata de ofrecer unha explicación do mundo.
As tres clases de relatos son creacións xenuinas, con funcións e finalidades propias: unha función encamiñada á integración nunha determinada cultura; unha función máxica e espiritual; unha función con aspectos lúdicos e imaxinativos; e unha función educativa, que tamén comprende a aprendizaxe dunha lingua concreta.
Tipo de relato | MITO | LENDA | CONTO |
Fórmulas de inicio e remate | Ningunha | Ningunha | Normalmente |
Opinión-Crenza | Feito | Feito | Ficción |
Situación | Nalgún tempo e lugar | Idem | Eterno |
Temporalidade | Pasado remoto | Pasado recente | Nalgún tempo |
Lugar e espazo | Outro mundo | Mundo coma o de hoxe | Nalgún lugar |
Actitude (Disposición) | Sagrado | Sagrado e secular | Secular |
Carácter principal | Non humano | Humano | Humano ou non humano |
En todo caso, o conto popular é un supervivente, e por iso carece dunha verdadeira localización no espazo xeográfico. É parte do patrimonio dos pobos, pero non de ningún pobo en particular. Por esa razón, non existe unha versión única de cada conto popular, senón moitas e diferentes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario