25 mar. 2009

O taboleiro fantástico III

Durante miles de anos, homes e mulleres de todas as terras e culturas encargáronse de tecer, con palabras e soños, mundos marabillosos. Nós, con moita humildade, tamén xogaremos a inventar historias a partir deste taboleiro fantástico.

Se escolles unha palabra de cada un dos seus catro grupos, poderás construír un montón de contos. Só é necesario atopar os personaxes máis apropiados, os lugares máis especiais, e os obxectos e as situacións máis atractivas para inventar a túa historia. 

Este taboleiro fantástico é un dos accesorios máxicos para xogar a inventar e escribir historias. A práctica actual irase mostrando, pouco a pouco, no noso blog de aula Escola de Ismaíl.

1 comentario:

Fátima Campilho dijo...

Oi, Mário!
Muitas idéias maravilhosas por aqui. Fiquei quinze dias sem internet, mas estou de volta ao seu cantinho fantástico.
Abraços.

Related Posts with Thumbnails