11 jul 2009

Retorno á Patagonia

Hai xa algúns anos, descubrín a Bruce Chatwin e a Paul Theroux na praia de Areas, en Pontevedra. Os dous escritores escribiran un libriño titulado Retorno a la Patagonia, que mercara antes de saír da casa. Ese lugar, a Patagonia, conmoveu a súa imaxinación, pois os dous escritores eran en realidade viaxeiros literarios. Para eles, a viaxe non era só unha forma de escritura: era unha forma de vida. E as viaxes, a vida e a literatura formaban parte dun mesmo todo.

Despois lin case todos os libros de Chatwin, pois encantoume a súa maneira de escribir e o seu espírito de contador de historias. Lembro de maneira especial a obra En la Patagonia, na que esa palabra abre un enorme espazo onde a literatura, a historia, a viaxe e a vida agardan impacientemente ao lector…

5 comentarios:

Belén dijo...

Graciñas pola recomendación. Tomo nota. ;)
Bicos

Mario Aller dijo...

É un escritor que releo, pois gústanme os seus libros. Pero sobre todo a súa escritura...
Empeza por En la Patagonia. Creo que non che defraudará...

aula 3º B dijo...

Esto da Patagonia interesame.A ver se atopamos por alá algo interesante para mostrar aos nosos nenos/as.Saúdos

Mario Aller dijo...

Que teñades unha boa viaxe e unha mellor visita. Ollo co mate e tamén co tango, que parece un baile difícil...

LolaBari dijo...

Gracias por acordarte de tu amiga patagónica. Interesante lo que está publicado... seguiré leyendo

Related Posts with Thumbnails