O psicólogo Jerome Bruner, un dos representantes da teoría cognitiva, fala dun novo modelo de percepción mental ao que denomina modelo narrativo.
Mediante unha función narrativa implícita nese modelo, a mente explora mundos posibles máis alá das necesidades inmediatas da persoa. Por esa razón, Bruner considera que os relatos son pautas, paradigmas para entender e describir o noso mundo. E asegura que os contos teñen algún tipo de existencia na mente do destinatario, calquera que sexa a expresión na que se atopen.
Se a narrativa tamén é unha modalidade de pensamento e de forma artística, a escola actual debe coñecer o digital storytelling ou narración dixital. En realidade, trátase de contar historias que veñan reforzadas con imaxes dixitais e outros elementos: texto, voz, música, etc. Como en internet existen aplicacións 2.0 válidas para estas tarefas, no blog ábrese unha nova sección chamada Narrativa dixital. De momento só ten un enlace, PhotoPeach, porque é unha ferramenta que descubrimos o pasado curso.
Haberá máis aplicacións para a educación primaria, pero hoxe presentamos unha historia. Deixade que vos explique como naceu. Un día chegou á aula un neno que traía un conto, que o fixera cos seus pais na casa. Entregoume un papel dobrado, mireino e devolvinllo. Entón, o neno leu nervioso a súa pequena historia e a clase enteira quedou pensativa, pois era moi triste. Despois, empezaron a facer…
Por Twitter anda moita xente que colabora cos demais e comparte información. Como Teresa Pombo e os seus colegas de INTERACTiC 2.0, que procuran unha escola con tic social. A todos eles, desde aquí, obrigado por todo iso…!
2 comentarios:
Mario, para mim, para nós na Interactic 2.0, é que é decerto uma honra estarmos um pouquinho presentes neste teu extraordinário trabalho em torno das narrativas digitais. Desejo as maiores felicidades para o novo projecto com o qual aprenderemos muito!
Pois que dicir dos vosos traballos, que xa percibín en INTERACTiC. Seguro que no camiño nacerán novas ideas para colaborar...
Obrigado por esas palabras!
Publicar un comentario