Omar ibn Ibrahim al-Khayyâm, coñecido como Omar Khayyâm, e que viviu no século XI, está considerado como un dos máis grandes poetas da antiga Persia. Seguidor do sufismo, unha corrente mística do Islam, tamén practicou as matemáticas, a astronomía e a filoloxía, e no seu tempo foi un dos sabios máis celebrados.
Rubaiyat é o plural de rubai, cuarteta, a forma característica da poesía persa, moi empregada nos temas místicos. Ademais, é o título dunha famosa obra de Khayyâm, da que mostramos algúns versos neste libro dixital realizado con Bookr. Para velo máis grande, preme onde pon Read this BOOKR full size!
Esta aplicación é máis usada fóra de España que aquí, pero non sei ben a razón. A pesar de que non ten moitas opcións, como xa comentamos, permite a publicación de traballos na rede con moita rapidez. As imaxes e fotos son de Flickr, que temos que buscar mediante tags ou palabras de referencia. Só temos que preparar o texto e escribilo en cada unha das páxinas que necesitemos. Non garda versións previas nin borradores, aínda que o libro dixital pode retocarse despois da súa publicación. En cambio, permite que usemos os traballos dos demais para que os reciclemos e facer así novas obras.
2 comentarios:
¡Cuánta información buena nos aportas!
Lo de los comics lo voy a intentar hacer,está chulísimo.
Y por último, tienes un regalito en mi blog
Saludos, Isabel
Ya sabes, Isabel, que lo importante es la gente que pasa por aquí, y si aún encima dejan algún comentario, pues mejor...
Saludos
Publicar un comentario