A pesar das súas graves limitacións físicas, o protagonista deste vídeo móstranos a súa dignidade mediante a creación dun relato narrativo da súa propia vida. Cóntanos a súa existencia, baseada na loita e no esforzo continuo, onde mestura elementos culturais e familiares que proveñen da súa experiencia persoal. Unha experiencia máis que dura, durísima!
Non é fácil deixar de mirar mentres escoitamos a súa voz, o seu relato pausado. Pero cada unha das súas palabras parece que golpea a nosa conciencia. E as imaxes do vídeo, vibrantes e únicas, permanecen na mente despois de que remata. Talvez para lembrarnos a importancia da nosa vida, da nosa propia historia.
Carl Sagan, o científico americano, sospeitaba que a nosa orixe está na materia cósmica que viaxa polo Universo. Se iso é así, esta é a historia de alguén que naceu coa mesma luz das estrelas.
Find more videos like this on LanguageLink
Este vídeo chegou ás miñas mans grazas a Isabel Ribeiro, de InteracTiC 2.0, unha rede educativa de Portugal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario