24 ene 2010

Storybird, Mixbook, Panraven

Continuamos coas actividades do Obradoiro dixital, talvez con algo de retraso debido á aparición do novo blog Escola de Ismaíl. Así que nesta entrada lembramos a utilidade de tres ferramentas que facilitan a lectoescritura e a creación de historias. As tres, Storybird, Mixbook y Panraven, están en lingua inglesa e esixen un rexistro previo. Pero trátase dun proceso sinxelo.

Storybird: Unha ferramenta moi especial para facer e publicar historias. A súa principal característica é a calidade das imaxes que ofrece para traballar. Por iso, unha vez creado o noso conto, aparece o nome do autor das imaxes que escollésemos. Pero agora mesmo gárdanos unha desagradable sorpresa. Despois de publicar o noso conto, notamos que, a pesar da insistencia, a obra terá un uso privado, e non poderemos incrustala en ningún sitio. Así me pasou, e tardei en comprender o que acontecía, porque é a primeira vez que descubro algo así. Esta aplicación só admite textos en inglés.

  • Unha das miñas queixas, en forma de tuiteo, chegou aos responsables da empresa e responderon que pronto aceptarán o español e o portugués na súa web, creo que este mesmo ano. Será o poder das redes sociais? Non o sei, pero estou a desexar que se faga realidade...

Mixbook: É unha aplicación que me recomendou Silvia Tolisano, profesional recoñecida e autora dun bo libro, Digital Storytelling Tools for Educators. Nel encontramos unha guía de uso desta ferramenta (en inglés), aínda que ela basicamente a emprega con fotografías. Esta aplicación ofrece un montón de posibilidades, como equipos, imaxes propias ou persoais, fondos, etc. Tamén ten un bo número de equipos predeterminados segundo temas diversos, dos que tamén podemos extraer as fotos e imaxes para outros proxectos. A súa aparencia é case profesional, e os resultados son espectaculares. Mesmo se poden elixir catro formatos de tamaño para ler os libros dixitais: mini, medium, large e jumbo.

  • A única obxección importante que encontramos no seu día, cando se incrusta un libro nun blog, era que a reprodución está sempre activada. Pois ben, o noso amigo Manuel López Caparrós (Capileiratic) ofrécenos unha solución. Ao incrustar ou embeber o libro, editamos o seu código HTML, e cambiamos todas as veces que apareza autoplay=true por autoplay=false. Dese modo, teremos eliminado a reprodución automática. Un exemplo, que el mesmo mostrou:

Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! | View Sample Photo Books | Create your own Photo Book

Panraven: Trátase dunha aplicación que ofrece unha serie de servizos online semellantes a Mixbook. Polo tanto, tamén serve para organizar fotos, vídeos, textos e outros contidos en forma de libro, de historia, de conto. Talvez sexa menos intuitiva e un pouco máis lenta que a anterior, pero con moitos recursos propios: fondos, fotos e imaxes, páxinas que aceptan texto, vídeo, son... O texto pódese cambiar de tamaño e de cor.

  • O libro dixital que crea pode ser lido en diversos tamaños, con follas simples ou dobres, e tamén imprimirse como un libro tradicional. En todo caso, pretende ser unha aplicación dirixida a usuarios principiantes, cunha boa biblioteca de estilos e de recursos. Un exemplo:

7 comentarios:

Montse dijo...

¡Más cosas para probar!
Quedan muy bonitas las historias.

Ayer ya te lo quería comentar, pero se me pasó el tiempo intentando entender tanto texto en inglés.
Lo probaré, pero con tiempo y con calma.

Toni Solano dijo...

Con un equipamiento en condiciones se harían maravillas. Sólo falta que los docentes nos demos cuenta de ello.
Gracias por mostrarnos el camino ;-)

Mario Aller dijo...

Lo del equipamiento es una triste realidad, Antonio. En mi aula de 5º de primaria tengo un pentium III a punto de desaparecer. Para que vaya algo más rápido, hasta le damos palabras de ánimo, pero no nos oye. Si la llamada Escuela 2.0 tiene que nacer desde estos orígenes, prefiero no decir nada...
Saludos

Anónimo dijo...

Thank you for another great article. Where else could anyone get that kind of information in such a perfect way of writing? I have a presentation next week, and I am on the look for such information.

Anónimo dijo...

hello, i am new from the forum.

Thanks to my son Daniel I sort of found the world wide web. he told me about blogging and about forums and online communities like the a person we are in here.

Please accept my apologies as English just isn't my native language.

I am new on the forum and wanted to say hello to all other members in this forum.

I like being for the web and have so far designed just one web site.

I hope to meet people who are like minded and I also hope to turn out to be a valued member.

Signed,

odolikids






my new [url=http://blogsunion.com/lamport/] my website[/url] or web site

Anónimo dijo...

Je m'appelle Lucy, suis neauveau. Content de trouver cette forum. Merci tout le monde

Anónimo dijo...

I’m not that much of a internet reader to be honest but your sites really nice, keep it up! I'll go ahead and bookmark your site to come back later. All the best

Related Posts with Thumbnails