2 feb 2010

Carapuchiña Vermella aprende a escribir

O título deste post é o mesmo que o dunha obra colectiva, pero en español, dirixida pola psicolingüista arxentina Emilia Ferreira. Nese libro analízanse os problemas da construción textual nas primeiras etapas da adquisición da lingua escrita. Pero aquí tratamos outro tema: as dificultades para usar o teclado e os procesadores de texto, sobre todo na educación primaria, e as ferramentas que temos para mellorar o seu uso.

Na aprendizaxe da lingua escrita, os cambios nas tecnoloxías da escritura sempre tivo uns efectos prácticos na sociedade. Ao principio, eses cambios son recibidos con certa desconfianza. Por exemplo, o bolígrafo non foi ben recibido fronte á tinta clásica, e a máquina de escribir resultou problemática na escola, aínda que os dous inventos perduraron. E ata o computador, logo das reservas iniciais, chegou tamén para quedar. Todos eses avances, en especial os últimos, lograron que a escritura manuscrita quede para uns usos cada día máis persoais e privados.

En consecuencia, e desde as diferentes etapas educativas, haberá que expor un pouco máis en serio o manexo do teclado? Esta cuestión tratábaa recentemente Celestino Arteta no seu interesante blog, onde abordaba a necesidade dese ensino desde a educación primaria.

Tamén o noso compañeiro Antonio Solano reflexionou sobre este asunto nun dos seus blogs, que non é outro que os modos de escritura no século XXI. Del é esta ilustradora presentación, que intenta concretar os obxectivos da nova escritura nas etapas educativas non universitarias.

A inclusión da competencia dixital nos currículos educativos fai necesario unha nova reformulación desta cuestión. En opinión de Antonio Solano, resulta sorprendente que alumnos que usan o correo electrónico, diversas clases de blogs e/ou algunha rede social, teñan despois tantos problemas para utilizar o teclado do computador e o mesmo procesador de textos. É unha observación que comparto, e tamén me parece que é un paradoxo inexplicable.

No blog Educación tecnológica, citado antes, indícanse algunhas aplicacións adecuadas (online e software) para experimentar co teclado, coñecer as súas posibilidades e mellorar as capacidades do alumnado. Pero de entrada, para aproveitar mellor as características da Web 2.0, nós empezaremos coa mención dalgunhas das ferramentas gratuítas que nos proporciona para coñecer a mecanografía. Son as seguintes:

Así mesmo, existen xogos online que facilitan a aprendizaxe dos mecanismos básicos dun teclado. Por ese motivo, son importantes nas primeiras idades para iniciar a alfabetización dixital e o coñecemento do computador:

  • Air Typer: Unha avioneta debe evitar uns zeppelins tecleando as letras que traen no seu interior.
  • Cool: Hai que mecanografiar con rapidez unha choiva de letras.
  • El reto de Hexamano: Un xogo de Vedoque onde o reto é teclear coas mans ben situadas.
  • Jelly Jumper: Mediante os cursores leva a un personaxe a determinadas teclas.
  • Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiquen os máis pequenos.
  • Typing: Trátase de mecanografiar unhas letras a medida que aparecen. 

No seu momento, Emilia Ferreiro, nunha experiencia educativa, chego a introducir a máquina de escribir no aula. Pero non se profundou moito por ese camiño. Agora, con todas estas novas ferramentas si é posible contemplar a evolución de Caperucita Vermella mentres aprende a escribir. Con elas, algunhas frases xa míticas na aprendizaxe da lectoescritura, como a miña mamá consénteme, por exemplo, empezarán a adquirir outro sentido ao ser escritas co teclado dun computador. Pois así é, e seguramente será, a escritura na escola do século XXI.

2 comentarios:

Montse dijo...

Muchas gracias, Mario.
Este artículo es muy interesante por diversos aspectos.
He descubierto juegos que pueden interesar y ayudar a escribir a muchas "personitas".
Pronto aparecerán en nuestro blog.

Anónimo dijo...

Many thanks.

Related Posts with Thumbnails