12 oct 2010

A nosa volta ao mundo

Este post escribiuse desde unha segura mesa de traballo, ao abrigo de tormentas, de calores e de ventos. As únicas dificultades, por dicilo dalgún xeito, foron debidas á conexión a Internet. Pero escribir sobre unha viaxe ao redor do mundo ten os seus problemas. Aínda que sexa a través dos seus contos. Claro que nada comparable ao que sentiron os viaxeiros doutras épocas e noutras xeografías.

No tempo de Xulio Verne, dar a volta ao mundo en 80 días era un gran éxito. Hoxe xa non é así; incluso pódese lograr en menos de oitenta horas. Pero en Educa con TIC, con la colaboración de Google Maps, descubrimos unha forma más cómoda e máis rápida. Tratábase de dar a volta ao mundo usando os seus contos, as súas lendas e os seus mitos. Para conseguirlo, tiñamos sobre todo o material publicado con anterioridade na súa web: La puerta de los cuentos e Mis viajes con Cenicienta. Así que, sen máis, o día 26 de setembro publicouse un post titulado La vuelta al mundo en 80 cuentos. Sen decatarnos, iniciabamos unha gran aventura.

No mapa inicial aparecían soamente 23 relatos. Pero con axuda podíamos completar a lista de contos, ata chegar á cifra de Verne. Así, dalgún xeito recordariamos ao gran novelista francés. Pero tamén serviría para difundir e compartir as historias populares do noso mundo, de calquera continente ou país. Ademais dos contos, o mapa podíase completar con textos, imaxes, audio e vídeo, para que esa viaxe merecese ser contada e recordada.

Pois ben, o venres 9 de outubro, antes da medianoite, acadamos a cifra soñada. Terminamos a nosa primeira volta ao mundo en máis de 80 contos! E agora, cando se publica esta entrada, o mapa xa recibiu case 30.000 vistas. Incrible!


Ver La vuelta al mundo en 80 cuentos en un mapa más grande

A todos os viaxeiros, a todas as viaxeiras, o noso mais sincero agradecemento.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails